Hipatia


  

Imos cunha fábula:

Coa mirada limpa e transparente dunha xove de vinte anos olla Hipatia ao espectador desde a parede máis coñecida da Stanza della Signatura. A discípula de Plutarco, a máis “xove estudante da Escola de Atenas“, situada entre Pitágoras e Parménides, na mesma beira que Platón -como neoplatónica que era-, colle prestada a súa faciana do condottiero de suaves faccións Francesco Maria della Rovere (cando Rafael pintou o fresco, o duque de Urbino tiña vinte anos).

Con certas licencias cinematográficas, Amenábar cóntanos a historia desta muller de ciencia en ÁGORA. E disfrutamos dos seus planos cenitais -que amosan ás persoas como formigas desorientadas cal fosen masas revolucionarias eisensteinianas en Outubro– e dos xogos de cámara que invitan a ver “o mundo ao revés” despois do asalto á Biblioteca de Alexandría.

A túnica branca que a cubre desvela a pureza de pensamento coa que Amenábar nos quere transmitir o espírito dunha filósofa que se mantén fiel á racionalidade, nun tempo no que a intolerancia tomou a rúa e a ágora de Alexandría. Foi a comezos do século V, cando xa o cristianismo era relixión oficial do Imperio Romano, cando un grupo de fanáticos relixiosos alentados polos discursos do bispo Cirilo acabaron coa vida da propia Hipatia, uns “atolondrados, impetuosos e violentos” cristiáns, a dicir de Sócrates Escolástico e Xoan de Nikiu (olla unha biografía de Hipatia no blog Retratos de la historia). Mais quen non nos puido contar nada foi o seu discípulo Sinesio, bispo de Cirene, que xa estaba morto en marzo de 1415, cando probablemente aconteceu a morte da filósofa.

A historiadora María Dzielska ten publicado un estudo en Ed. Siruela sobre Hipatia de Alexandría. Olla aquí unha sinopse e descubre as contradicións históricas nas que poida incorrer a película de Amenábar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s