Nous aimons Paris


 

A película de Klapisch Paris xurde como un retrato coral de arquetipos e historias dunha cidade que sempre impacta, que nunca deixa indiferente. O mélange de gens que constitúe a capital do Sena rebule na ollada singular dun malade non imaxinario, transita das vidas paralelas ás confrontadas, do nacemento á morte, do desamparo á sobreabundancia económica. E pasan diante dos nosos ollos a boulangère orgullosa, o triunfador architecte, a inconformista muller de mediana idade, o froiteiro blessé, a étudiante universitaire que se comporta como o prototipo da femme fatale, o poissonnier burlón, a eterna célibataire, o enfant courageux e inxenuo, a femme mise à la retraite sempre xovial, o ilusionado inmigrante, o célebre profesor universitario en crise existencial… Pasa a vida e a morte, percorremos unha variada escala social de personaxes.

E facemos todo isto amando París, vendo desde os seus puntos culminantes (Sacré Coeur, Tour Eiffel, Montparnasse) a cidade, paseando coa cámara polos boulevards de Haussmann, reptando polas beirarrúas tinguidas de follas de outono, percibindo as luces da noite e os xardíns. O conglomerado social da metrópole abre as súas portas ao espectador co ánimo de atrapalo sentimentalmente. Abofé que o fai. Merci pour ce film, Cédric Klapisch.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s