Os homes, como aparecen


  

Perdidos os bronces, quédannos as copias en mármore. Estilizadas as proporcións, o corpo do idealizado Agias, que competira a mediados do século V a.C., plántase diante do espectador obrigándoo a xirar en torno a el. E nós movémonos arredor do Apoxyomenos para percibir o brazo dereito alongado frotado polo strigilis, a faciana emotiva do esforzado atleta, a posición atrasada da perna dereita.

Lisipo, broncista de Sición, retratista oficial de Alexandre o Magno, foi un prolífico representante da escultura en vulto redondo do século IV a.C. O Apoxyomenos  do Museo Vaticano renova o interese pola busca de proporcións máis alongadas que as de Policleto, facendo que o perfecto corpo das sete cabezas sexa agora de oito: Lisipo falaba de presentar aos homes “non como son, senón como aparecen”.

E así o fixo cos deuses e heroes: Hércules Farnesio (debuxado por Isidoro Brocos tal e como aparece na entrada desta anotación), Ares Ludovisi, Eros tensando o arco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s