Partenón


   

Obra cumio do estilo dórico, o Partenón de Atenas é un templo construido entre 447 e 438 a.C., retomando en parte un proxecto anterior que en 488 a.C. fora destruido polos persas. Este templo períptero octástilo, cunha base aproximada de 70 x 31 m., apenas viu transformada a súa estrutura, se ben as súas funcións sucesivas inclúen a utilización do mesmo como basílica bizantina e, xa no século XVII, como polvorín (o que causou unha explosión que derrubou algúns elementos estruturais básicos).

“Mais a partir do ano 440 a.C., o dominio naval sobre o Exeo dera a Atenas unha seguridade imperial propia. O seu xefe, Pericles, decidíu que era o momento de coroar a Acrópole -a montaña rochosa que coroaba a cidade- cun templo grandioso que sustituiría ao santuario que os invasores persas queimaran no ano 490 a.C. Encargou ao construtor e escultor Fidias que diseñase un templo en honor á deusa protectora da cidade, Atenea. O Partenón -é dicir, o santuario para a deusa “virxe”- converteuse nun matrimonio arquitectónico entre a tradición “dórica” grega de liñas duras, guerreiras, e os instintos máis fluidos e curvilíneos da súa cultura, o estilo “xónico”. As columnas de esquina eran habitualmente máis anchas que as súas viciñas, de xeito que parecían conter o seu tamaño contra o ceo iluminado polo sol; as concesións ás distorsións ópticas e ao que poderiamos chamar efectos de “perspectiva” foron unha recente sofistícación neste mundo artístico centrado no home, crítico e analítico.”

Julian Bell: O espello do mundo.

“No novo templo conservouse a mesma lonxitude da cella (29,89 m), cun desprazamento cara ao oeste equivalente ao espesor do muro, mais a anchura aumentouse en máis de 5 m (19,19 m), a columnata pasou de 6 a 8 columnas na súa fronte e de 16 a 17 nas beiras; na pronaos, de 4 a 6; (…) en efecto, o Partenón é o máis anómalo dos templos gregos, e nunca foi imitado; mais atópase na orixe de innovacións subseguintes.

Son estas desviacións da norma, xunto coas numerosas correccións ópticas -curvatura das horizontais no podio (de 6 cm na fachada e de 11 cm no dos lados longos), inclinación de espesor variable das columnas- e o espléndido material marmóreo o que dá ao Partenón un resultado de armonía inigualado (que, certamente, non foi comprendido polos arquitectos neoclásicos, que publicaron debuxos “revisados e corrixidos”). O edificio non se presenta inerte, senón que parece respirar; ante el compréndese o que escribía Plutarco sobre as construcións da Acrópole: que “portaban en sí un espírito e un alma que anovaban continuamente aos contemporáneos e os preservaban da vellez”. (…)

A ampliación da cella debeuse, con toda seguridade, ás esixencias plantexadas por Fidias para a colocación da súa estatua colosal de Atenea, en marfín, ouro e prata, que debía situarse no centro da nave principal. As naves laterais quedaban reducidas a unha especie de pórtico que circundaba a colosal estatua con 10 columnas ás beiras e cinco ao fondo, sobre dous pisos.

O amplísimo opistodomos, verdadeiro megaron sobre catro columnas, desde o que non se podía acceder ao interior da cella, constituía o verdadeiro e auténtico parthenon, isto é, o ámbito no que as rapazas tecían o manto da deusa, que era despois levado en procesión cada catro anos nas festas Panatenaicas. Este ambiente, en armonía co elemento feminino ao que estaba destinado, presentaba columnas xónicas (…). A innovación máis espectacular, imposta tamén polas esixencias de Fidias, é o friso continuo que, partindo do ángulo sudoeste da columnata sobre o opistodomos e avanzando en dúas direccións para reunirse de novo sobre o frontal, cingue toda a cella e a columnata da pronaos.”

R. Bianchi Bandinelli e E. Paribeni: A arte da antigüidade clásica. Grecia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s