Bodegóns


A definición tradicional de bodegón ou natureza morta fai referencia a pinturas que representan “obxectos inanimados”, xeralmente naturais ou feitos pola man do home, nun espazo determinado. As froitas de aspecto vítreo e brilantes na súa carnosidade, os animais mortos, as hortalizas de austera presentación, as flores cortadas e pousadas en copas e vasos ou trenzadas en guirnaldas, os doces apetitosos en cestas, os búcaros e xarróns, as copas e cerámicas sobre fresqueiras íntimas ou teas ricamente entrelazadas, son obxectos inanimados de indubidable efecto na exposición que se prolonga ata o 4 de outubro na Fundación Caixa Galicia de A Coruña sobre O Bodegón español no Prado (a exposición xa pasou por outras cidades). Incluso as caveiras se axustan perfectamente á idea de representar o efémero nas vanitas.

Mais hai unha pintura nesta exposición, ao meu xeito de entender, que non responde ao concepto clásico de bodegón, aínda que a presenza da morte tórnase inminente. Sen embargo, o dinamismo da súa composición, xunto co asunto representado, deben facer que se catalogue axeitadamente como pintura de xénero. Trátase do Miñato atacando un galiñeiro, unha obra de Miguel March datada no século XVII. As tonalidades cálidas do Barroco impregnan os primeiros planos dunha tea que ben podería terse engrandecido como “pintura de historia animal”. Mais ben sabemos que o bodegón ocupaba o escalón máis baixo entre todos os xéneros, o que non significa ausencia de mestría á hora de executarse, pois xa ben dicía Caravaggio que é tan difícil pintar un bo cadro con froitas como un bo cadro con figuras humanas. No caso citado, galiñas e galos exercen de airados defensores fronte á ave rapaz caendo en picado en pos do seu alimento.

A exposición é unha ocasión excepcional para disfrutar, sobre todo, dun excepcional Bodegón de Zurbarán, algunhas obras de Hiepes, os temas florais de Arellano e, sobre todo, a excepcional factura de Meléndez.

Percorre a exposición con 5 actividades.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s