Tanto gusto, Sorolla


O éxito da exposición sobre Sorolla no Museo do Prado demostra que o gran público sigue a ser fiel á pintura figurativa, á luminosidade. As referencias a Velázquez como mestre idolatrado e imitado nas composicións, o marco fotográfico que acota moitas obras, a pincelada diluída e desfeita para abranguer paisaxes de rochas e ondas, de luz esbarando polo corpo de nenas e nenos, engádense a obras nas que prima unha denuncia social, retratos nos que os representados deixan a alma, grandes murais de costumes atemporais, reflexos na auga que esvaecen a nosa imaxinación. Sorolla lévanos aos lugares onde a burguesía decimonónica disfrutaba do seu lecer, a miserias humanas que non merecen brancos inmaculados, a glamourosos espidos da súa amada Clotilde.

Aledámonos de ter descuberto a Sorolla nas súas diversas facetas: retratista, paisaxista, costumista, pintor de denuncia e de lecer, iluminista, grande iluminista.

* Visita as seccións da exposición.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s