Tres Grazas


 

Aglaia (resplandecente), Eufrósine (gozosa) e Talía (florecente) eran as tres Grazas descritas por Hesíodo na súa Teogonía. Ao servizo de Afrodita, eran virxes puras que vivían cos deuses, asistían aos banquetes e espertaban a ledicia de vivir. Iconográficamente, a tradición é presentalas entrelazadas como se fosen a encarnación de tres atributos do amor. Ao longo da historia da arte teñen sido pintadas ao fresco nas paredes de Pompeia, luminosas e castas na táboa de Rafael Sanzio, rítmicas e sensuais no óleo de Rubens, esbeltas e marmóreas, moderadas nos sentimentos, en Canova e Thordvalsen.

Mais hai infinidade de representacións desta temática ao longo da historia. Aquí podes consultar algunha delas. E tamén teñen sido socorridas para a reprodución filatélica, tal e como amosa o selo búlgaro ao inicio desta entrada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s