No teito da Sixtina


  

Alá por abril de 1994, hai xa quince anos, cando Xoan Paulo II reinaugurou a restaurada bóveda da Capela Sixtina (que xa sufrira outras restauracións en 1556, 1712 e 1904), apareceu aos ollos dos visitantes un Miguel Anxo colorista, tanto que moitos deles se facían a pregunta de por que se tiñan usado cores modernas na restauración. Foi unha obra que empregou ao artista durante catro anos (1508-1512) e puxo a proba a súa inventiva e xenialidade, que se plasmou en máis de trescentas figuras distintas.

“Tiña que crear o contido e o continente ao mesmo tempo. Comezou polo teito, directamente enriba del. O espazo central que corría ao longo da bóveda sería utilizado para as súas lendas máis importantes: a división da terra e as augas; Deus na creación do sol e a lúa; Deus crea a Adán e Eva; a expulsión do Paraíso; a lenda de Noé e o Diluvio. Agora, por fin, podería pagar a súa débeda a Della Quercia polas magníficas escenas bíblicas talladas en pedra de Istria no portal de San Petronio.

A importante sección central debía ser enmarcada arquitectónicamente; ademáis, tiña que facer que a longa e estreita bóveda fose vista como un todo unificado. A todos os efectos prácticos, non tiña un teito que pintar, senón tres. Tería que ser un verdadeiro mago para lograr unha forza unificadora que abranguese todas as porcións das paredes e o teito, para ligar os elementos de tal xeito que cada un apoiase ao outro e nengunha figura ou escena aparecese illada.”

Irving Stone: A agonía e o éxtase.

“A estrutura narrativa reflicte interpretacións renacentistas da estrutura da historia cristiá. A organización cronolóxica indica a crenza dun desenvolvemento lineal e secuencial dos acontecementos conforme ao plan divino ata o final dos tempos. As unidades binarias (isto é, catro escenas da maxestade creadora de Deus sobre a metade occidental da capela en contraposición ás catro escenas da humanidade caída da metade oriental) remiten á experiencia fundamental cristiá da historia como unha loita entre oposicións binarias como espírito/materia, bondade/maldade e morte/vida. As tríadas expresan a división tradicional da historia en tres eras -as dúas primeiras prefigurando á terceira- e a divinidade en tres persoas.”

Loren Partridge: O Renacemento en Roma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s