Buonarroti, agonía e éxtase


       

O 6 de marzo de 1475 naceu en Caprese Miguel Anxo Buonarroti, que aos trece anos se atopaba no obradoiro de Ghirlandaio, antes de entusiasmarse pola escultura e visitar asiduamente o Xardín de San Marcos, no que se congregaban boa parte das esculturas antigas reunidas polos Médicis. Despois de recrearse na cultura clásica esculpindo centauros e lapitas e un mitolóxico Baco ebrio, tras levar o schiacciato de Donatello ata as súas últimas posibilidades na Virxe da escaleira, o artista acude a Roma.

“Miguel Anxo sentiu que unha enorme anguria lle oprimía o estómago. A Cidade Nai do Cristianismo era unha morea de escombros. Por todas partes se vían corpos de animais mortos. Piquetes de obreiros traballaban nas pedras derrubadas para utilizalas na construción doutros edificios.”

Irving Stone: A agonía e o éxtase.

Na Cidade Eterna modelará a Piedade do Vaticano, asistirá ao desenterramento do Laoconte que tanto influirá na súa figura do Moisés proxectada para o sartego de Xulio II.

“´- É o Laoconte! – exclamou Sangallo.

– Sobre o que escribiu Plinio! – dixo Miguel Anxo.

A escultura tiña máis de dous metros corenta de altura e un largo aproximadamente igual. Cando se extendeu a nova por Roma, as vides, rúas e escaleiras de Santa Maria Maggiore enchéronse de altos dignatarios da Igrexa, comerciantes, nobres e pobo, todos dispostos a poxar pola adquisición da escultura. O campesiño propietario do terreo anunciou que a vendera a un cardeal por catrocentos ducados. O mestre de cerimonias do Vaticano, Paris de Grassis, ofreceu cincocentos. O campesiño aceptou.”

Irving Stone: A agonía e o éxtase.

Mais Florencia seguirá a reclamalo para esculpir o David, o “Xigante” que encarna os valores florentinos, aceptado como mentor e protector da cidade.

“Diseñara ao David como un home independente, erguido e libre de todo espazo ao seu arredor. A estatua non debería ser colocada nunca nun nicho, arrimada a unha parede ou utilizada para decorar unha fachada ou suavizar o agudo recanto dun edificio. O David tiña que estar completamente rodeado de espazo libre. O mundo era un campo de batalla, e o home estaba perennemente nel baixo presión, precario no lugar que ocupaba. David era un guerreiro, un loitador, non un brutal e insensato saqueador, capaz de alcanzar a liberdade.”

Irving Stone: A agonía e o éxtase.

E admirará a súa lembranza dos Médicis na Sacristía Nova, coas esculturas de Giuliano e Lorenzo en clave clasicista.

“De pé entre os seus dous sartegos exquisitamente tallados, un a cada beira, e cada un coas súas dúas figuras O Amencer e O Anoitecer, O día e A noite, mentres a fermosa Virxe e Neno aparecía sentada na repisa, contra a espaciosa parede lateral, Miguel Anxo experimentou a sensación de que esculpira canto quixera esculpir e dito todo canto quixera dicir. Para el, a capela Medici estaba completa. Cría que Il Magnifico tería quedado satisfeito con aquela obra, e aceptado a capela e as estatuas en lugar da fachada que proxectara cando lle sorprendera a morte.”

Irving Stone: A agonía e o éxtase.

Miguel Anxo volverá sobre o tema da Piedade na Pietá Florentinana que se supón que se autorretratou como Nicodemo- e a Pietá Rondanini, emblema manierista.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s