Bramante en Roma


bramante_san_pietro_in_montorio    

O período de Bramante en Roma -onde chega en 1499 e permanece ata a súa morte en 1514, un ano despois da defunción do Papa Xulio II- correspóndese co auxe do Clasicismo arquitectónico impulsado pola corte papal, que convirte á Cidade Eterna na nova Xerusalén. E alí debulla o arquitecto de Urbino proxectos tan significativos como o claustro de Santa Maria della Pace, San Pietro in Montorio e o proxecto inicial para a construción da nova basílica de San Pedro.

“O Templete, de ca. 1502 a 1510, foi un encargo de Fernando e Isabel, reis de España, co apoio do papa de orixe española, Alexandre VI, para o claustro de San Pietro in Montorio. Aquí Bramante utilizou aarquitectura clásica de xeito máis convincente ca nunca, mais tamén amosou con brillantez que a arte antiga era susceptible de adaptarse para servir á ideoloxía papal.

Bramante elixiu como modelo o templo clásico de Hércules Víctor, excavado en Roma durante o pontificado de Sixto IV. Era o único templo circular coñecido cunha columnata de dezaséis columnas dóricas apoiadas sobre unha base. A elección de Bramante era lóxica: a igrexa de planta central era o monumento conmemorativo tradicional dun mártir. Segundo Vitrubio, a orde dórica era especialmente apropiada para as deidades masculinas; Hércules, o mortal que lograra a inmortalidade grazas á abnegación coa que realizara os seus traballos, foi interpretado con frecuencia no Renacemento como unha alegoría de Cristo.

Bramante dispoñía de dezaséis antigas columnas romanas de granito, e, seguindo a práctica clásica, utilizou o seu diámetro como módulo de diseño. Por exemplo, estableceu un intervalo de catro diámetros entre cada columna e separounas dous diámetros do muro. Estas proporcións armónicas uníronse ás formas circular e semiesférica para expresar a perfección e centralidade de San Pedro.”

Loren Partridge: O Renacemento en Roma.
 “O máis influinte dos moitos proxectos que presentou Bramante consistía nunha cruz grega inserta nun cadrado, simbolizand a cruz o Cristo sacrificial, e o cadrado que a abarca, a perfección da Igrexa militante. A impoñente cúpula, un templo no ceo, simbolizaba a Igrexa triunfante. A lanterna sobre a cúpula, un faro de iluminación divina, creaba un punto focal simbólico do mundo cristián que aunaba espírito e materia, mediando entre a Xerusalén celeste e os corposde Cristo, Pedro e Xulio II.”

Loren Partridge: O Renacemento en Roma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s