“Na clase”, con Bégaudeau


Como este é un blogue escolar, cómpre ás veces facerse eco de problemas escolares. E por iso vou reproducir, nesta anotación nº 150 do meu blogue unha reflexión que, noutro contexto, fixo o profesor francés François Bégaudeau cando publicou en 2006 Entre les murs (A clase), recentemente ollada en España na súa versión cinematográfica. Claro está que é unha reflexión adaptada á realidade multicultural dun centro de ensino da capital francesa, en distritos onde a inmigración prima, mais a reflexión de Bégaudeau eu podo asumila dun xeito case íntegro. Velaí vai:

“Cómpre restaurar a autoridade que nosos avós e nosas avoas coñeceron na escola? Penso que debemos deixar o pasado tras nosa e que as cousas que funcionaron ben antes talvez serían menos eficaces agora e no futuro. Penso que é o adulto o que se debe afirmar e impoñer as súas regras de acordo cos seus valores, e non no nome dunha moda que se estende con forza e que consiste en ser máis severo co alumnado. Ben que a falta de regularidade, de respecto, e moitos outros factores que motivan esta reflexión, estean con frecuencia presentes no seo dos centros, restaurar esta autoridade outra vez segundo os antigos costumes, sería unha boa solución? Eu non o creo. A mocidade de hoxe non aceptaría tal autoridade. Nin sequera o poderían imaxinar. Esta nova xeración non é maioritariamente partidaria de sancións, dunha presión constante e intempestiva, están fartos diso. Para máis nalgúns países, en particular os do terceiro mundo, aplican este sistema de ensino nas escolas, e eu coido que ao alumnado ben lle gustaría estar no noso lugar! Daquela se é para reinstaurar algo por nostalxia do pasado, non!”

François Bégaudeau: A clase.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s