Perspectiva mantegnesca


  

Con espírito de arqueólogo e coleccionista, cunha racionalidade perspectiva digna do mellor xeómetra, Andrea Mantegna plasmou no Pazo Ducal de Mantua unha galería de retratos -de perfil, en tres cuartos, de fronte ao espectador- na que os membros da familia Gonzaga están perfectamente caracterizados. Mantegna creou un dos meirandes enganos visuais de todos os tempos, co efecto ilusionista da xanela albertiana acentuada ata o extremo na “camara picta” ou Cámara dos Esposos -nome co que se coñece a partir do século XVII-, dentro do propio pazo, na que o autor intervíu entre 1471 e 1474.

“A vontade de superación do espazo da representación para ilusionar a presenza da pintura no ámbito real púxose especialmente de manifesto na cámara dos esposos do pazo ducal de Mantua: as pilastras pintadas confúndense co volume real; os personaxes superan o plano das pilastras e repousan sobre o lintel da porta ou a repisa da cheminea; no centro do teito, o famoso óculo é unha xanela aberta ao ceo, a traverso da cal se asoman a ollar a cámara personaxes supostamente situados nunha terraza superior. Mantegna poboou a cámara de pantasmas que a habitan parecendo querer encher co seu rebumbio o interior; os muros, máis que abrirse cara a fóra, permiten que o exterior penetre, invadindo a estancia unha profundidade que, en realidade, lle resulta allea.”

Facundo Tomás: Escrito, pintado.

O virtuosismo na representación do escorzo e da visión di sotto in su é levado ao extremo polo mesmo autor no Cristo morto da Pinacoteca de Brera (Milán).

One thought on “Perspectiva mantegnesca

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s