A luz de Piero


     

A luz fría e clara inunda os cadros de Piero della Francesca. Escritor de tratados de xeometría e perspectiva, aplica na súa obra pictórica o interese por dotar de volume e monumentalidade ás figuras, que adoptan unha tranquilidade mística nas súas poses. Así o podemos observar no Bautismo de Cristo da National Gallery de Londres, táboa central dun políptico que foi pintada pouco despois de que o Concilio de Ferrara-Florencia (1438-1439) resolvese o vello cisma entre as Igrexas grega e latina despois de discutir longamente sobre o tema da Trinidade; por iso, á dereita de Cristo bautizado no Xordán, se sitúan tres anxos que se agarran da man en sinal de concordia, evocando a presenza da Santísima Trinidade; nun xogo de simetría ben amado por Piero, na outra beira da táboa sitúase un catecúmeno espíndose para ser bautizado, ante a presenza de personaxes con vestimentas bizantinas que fan referencia ao mundo antigo.

piero_della_francesca_bautismo_cristo  piero_della_francesca_flaxelacion_cristo

Na Flaxelación de Cristo, quizá alusiva ao concilio de Mantua (1459), no que Pío II pedíu unha acción contra os turcos á vista das dificultades polas que pasaban os cristiáns gregos tras a caída de Constantinopla (1453), a luz branca define as figuras e o espazo cun carácter atemporal. Mais é importante aquí o rigor perspectivo e xeométrico aplicado polo pintor, que elixe a proporción áurea para a táboa. As diversas interpretacións da obra non se poñen de acordo sobre os personaxes da dereita, situados nunha arquitectura contemporánea que ben podería reproducir o Urbino do século XV, mentres o clasicismo máis fiel se adona da arquitectura da esquerda, que nos leva ata a escena da flaxelación nos evanxeos.

Entre 1452 e 1466 realizou en San Francisco de Arezzo o ciclo de frescos sobre a Lenda da Vera Cruz [accede á web italiana na que se fala de diversas obras de Piero] na que a escena do Soño de Constantino se nos presenta como unha das primeiras nocturnas da historia da pintura moderna.

Luz, xeometría, perspectiva… e influencia flamenca, tal e como se aprecia no detallismo do díptico dos duques de Urbino pintado ca. 1472 por Piero, no que estamos ante dúas pinturas de táboa que reproducen as efixies de Federico de Montefeltro e Battista Sforza sobre paisaxes de fondo cunha liña de horizonte baixa e, no reverso, triunfos clásicos dos mesmos personaxes (ver o de Federico).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s