Lendo a Schlink


 

O contexto histórico no que se desenvolve “O lector”, de Bernhard Schlink, remítenos directamente ao Holocausto e a conciencia de culpabilidade de grande parte da sociedade alemana de postguerra. As referencias a visitas concretas como o campo de concentración de Struthof-Natzweiler, as alusións ao campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau, guían unha historia tecida con múltiples lembranzas á literatura sobre a shoá: Primo Levi, Elie Wiesel , Tadeusz Borowski, Jean Améry,… Transcribimos dous pequenos fragmentos da novela como aperitivo:

“Hoxe, cando penso naqueles anos, decátome do escasa que era a carga visual, do escasas que eran as imaxes que documentaban a vida e a morte (ou, mellor dito, o asasinato) nos campos de exterminio. De Auschwitz coñeciamos a porta principal, coa famosa inscripción “O traballo faravos libres”, as liteiras de madeira, as moreas de pelo, lentes e valixas; de Birkenau, o edificio da entrada, coa súa torre, as súas dependencias laterais e o oco para que pasasen os trens; e de Bergen-Belsen, as montañas de cadáveres que os aliados atoparon e fotografaron cando liberaron o campo. Coñeciamos algúns relatos de prisioneiros, pero moitos deles sairon á luz pouco despois de rematada a guerra e non volveron ser publicados ata os anos oitenta, pois durante moito tempo non interesaron ás editoriais. Hoxe en día hai tantos libros e películas sobre o tema, que o mundo dos campos de exterminio forma xa parte do imaxinario colectivo que complementa o mundo real. A nosa fantasía está acostumada a internarse nel, e desde a serie de televisión Holocausto e películas como A decisión de Sophie e especialmente A lista de Schindler, non só se move no seu interior, non se limita a percibir, senón que empezou a engadir e decorar pola súa conta. Por aquel entón a fantasía apenas se movía; tiñamos a sensación de que a conmoción que producira o mundo dos campos de exterminio non era compatible coa fantasía. A imaxinación limitábase a contemplar unha e outra vez as poucas imaxes que lle proporcionaran as fotografías dos aliados e os relatos dos prisioneiros, ata que se converteron en tópicos fosilizados.”

Bernhard Schlink: O lector.

“A culpabilidade colectiva, acéptese ou non desde o punto de vista moral e xurídico, foi de feito unha realidade para a miña xeración de estudantes. Non só se alimentaba da historia do Terceiro Reich. Había outras cousas que tamén nos enchían  de vergoña, por máis que poidésemos sinalar co dedo aos culpábeis: as pintadas de esvásticas en cemiterios xudeus; a multitude de antigos nazis apoltroada nos postos máis altos da xudicatura, a Administración e as universidades; a negativa da República Federal Alemana a recoñecer o Estado de Israel; a evidencia de que, durante o nazismo, o exilio e a resistencia tiñan sido puramente testemuñais, en comparación co conformismo ao que se entregara a nación enteira. Sinalar a outros co dedo non nos eximía da nosa vergoña. Pero sí a facía máis soportábel, xa que permitía transformar o sofremento pasivo en descargas de enerxía, acción e agresividade. E o enfrontamento coa xeración dos culpábeis estaba preñado de enerxía.”

Bernhard Schlink: O lector.

E agora chega a nós, neste que parece ser o ano de Kate Winslet, a versión cinematográfica da obra literaria, apenas unha semana despois de que se lle concedese á actriz británica precisamente un Bafta pola súa interpretación en “The Reader”.

* Accede a unha versión do libro en PDF.

One thought on “Lendo a Schlink

  1. Pingback: Lectoras « O blog de Xosé Antón

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s