Ovo de pé sobre mármore liso


  

Arquitectos de toda Italia foron invitados en 1418 a un concurso para a construción da cúpula do Duomo de Florencia. Alí acudíu Filippo Brunelleschi, que dezasete anos antes perdera un certame para ver quen esculpía as segundas portas do baptisterio. Despois Filippo foi a Roma e, gañando a súa vida como ourive, estudou os edificios antigos, en especial o Panteón.

“Encarado cunha asemblea de escépticos, como Colón, Brunelleschi anticipouse a aquel no ardid do ovo. “Propuxo”, di a versión de Vasari, “a todos os mestres, forasteiros e compatriotas, que aquel que poidese facer permanecer un ovo de pé sobre un anaco de mármore liso, tería que ser designado para construir a cúpula, xa que ao facer iso, o seu xenio tería quedado de manifesto. Por conseguinte, tomaron un ovo, e todos aqueles mestres fixeron canto poideron para mantelo dereito, pero nengún descubríu a maneira de facelo. De xeito qe Filippo, que dixera que o podía facer, tomou o ovo delicadamente na súa man, deu coa punta un golpe sobre a superficie de mármore e fíxoo quedar de pé.” Para abovedar a enorme tribuna servíuse dunha dobre cúpula, facendo descansar unha sobre a outra, que estaba no seu interior, e distribuindo así o peso, unha idea que posiblemente tomou do Panteón.

(…) a cúpula era unha marabilla en todos os aspectos, e Miguel Anxo, cando foi chamado para facer a cúpula de San Pedro, presentou os seus respetos á de Brunelleschi cunha copla rimada:

Io farò la sorella,

già più gran ma non più bella.

(“Eu farei a súa irmá,

máis grande, sí, mais non máis bela.”)”

Mary McCarthy: Pedras de Florencia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s