“A Anunciación” de Martini


Simone Martini debeu nacer en Siena a finais do século XIII. Traballou para o Palazzo Publico da cidade, onde deixou o seu nome no fresco da Maestá, cara a 1315. O máis reputado traballo que realizou foi sen dúbida o tríptico da Anunciación, xunto a Lipo Memmi, en 1333, para o altar de Santo Tomé na catedral de Siena.

A escena central do tríptico, na que se representan o anxo Gabriel e a Virxe María, pertence enteiramente a Martini, que amosou aquí cualidades que o identifican como o máis digno precedente do Gótico Internacional: execución miniaturista, formas delicadas e curvilíneas, idealización e elegancia. O anxo póusase sobre o chan, á esquerda da composición (a túnica ondulante delata que ven de chegar), leva unha póla de oliveira na man para anunciar a boa nova (San Lucas, 1, 26) e brotan da súa boca as verbas que -resaltadas en mástique– enchen o fondo dourado da táboa. A Virxe, retraída no trono, asustada e púdica a un tempo, amosa o modelo ideal de beleza feminina. En medio, o espazo en profundidade créase grazas ao xarrón de flores brancas de lis -situado nun segundo plano- que aluden á pureza de María; sobre el, e baixo o arco oxival central do tríptico, seis serafíns rodean a pomba do Espírito Santo. O resplandor dourado do fondo é metafórico para este tema, se temos en conta as verbas de Jacopo da Vorágine: “o poder do Altísimo caeu sobre dela mentres a luz incorpórea da divinidade tomou corpo humano nela, o que a fixo capaz de levar a Deus”.

A pintura de Martini é aquí puro misticismo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s