Giotto


   

Conta a lenda que, cando pasou Cimabue pola aldea de Vicchio, no val de Mugello, víu a un pastor pintar o seu rabaño sobre unha táboa. Cimabue decidíu levalo con el e instruilo no oficio da pintura; aquel pintor que se deixaba guiar pola Natureza, que acabaría concebindo a figura humana con liñas amplas e redondeadas, lonxe da representación plana e bidimensional da pintura gótica e bizantina, era Giotto. Despois de estar no obradoiro de Cimabue, chegou co mestre á basílica franciscana de Asís, onde renovaría a plástica da época, nos frescos da basílica superior [ver un exemplo]. Posteriormente, en lugares como a Capela Scrovegni, en Padua, quedaría para sempre impregnado o seu estilo enmarcado por caixas arquitectónicas e figuras corpóreas, modeladas por unha luz que confire volume, coloreadas de xeito sereo. Nesta capela sobresae a escena do Pranto sobre Cristo morto.

“A historia de Giotto e o redondel, que deu orixe á expresión “tan redondo como o O de Giotto” ofrece a mesma concisión e seguridade. Ao pedirlle un representante dun papa unha mostra do seu traballo, Giotto simplemente debuxou cun lapis vermello, dun só trazo, un círculo perfecto, e fíxoo chegar ao vicario de Cristo, que comprendeu a intención: o home que podía facer aquilo non precisaba, como os artistas correntes, someter os seus debuxos a consideración.”

Mary McCarthy:  Pedras de Florencia.

“En pleno século XIV Giotto aparecía como unha avanzada histórica do que cen anos máis tarde tomaría carta de cidadanía; a frase de Alberti achaba pois un precedente na famosa referencia do Decamerón ao pintor florentino: “…tivo un inxenio de tanta excelencia, que nin unha soa cousa ofrece a natureza, nai e operadora de todas as cousas, co continuo xirar dos ceos, que el, máis que similar, ela mesma parecese, e moitas veces nas cousas feitas por el o sentido visual dos homes engánase, crendo que é verdade o que está pintado (Decamerón, VI, 5).”  Similar á natureza; a imitación do visible parecía o destino inevitable ao que conducía calquera intento de representación; Bocaccio celebraba a habilidade de Giotto ao ilusionar a existencia das persoas e cousas que non estaban presentes, enganando o sentido visual dos homes; imitar, re-presentar, crear analoxías formais capaces de provocar unha meditación visual sobre o ilusionado; finxir a presenza das cousas repetindo a súa existencia noutro lugar ou outro tempo para apropiarse dalgunhas das súas esencias.”

Facundo Tomás: Escrito, pintado.

* Ata decembro de 2008 estivo nos Uffizi a mostra sobre A herdanza de Giotto, analizando o esplendor do gótico na cidade entre 1340 e 1375, mais sen esquecer algunhas aportacións do xenial mestre “anticipatorio” do Renacemento.

One thought on “Giotto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s