Unha cicloxénese explosiva


Non debe ser a meteoroloxía a máis exacta das ciencias. Mais seguro que a responsabilidade e previsión das institucións nas sociedades ricas do primeiro mundo está á altura das circunstancias para evitar riscos innecesarios. Tal aconteceu no día de onte, cando unha “treboada perfecta”, unha cicloxénese explosiva, avanzou barrendo o norte peninsular con ventos que chegaron aos 198 km/h. En tales circunstancias, aínda que “previr fose un risco” para as autoridades educativas, dado que o fenómeno dunha baixa presión moi profunda se agudizou na tarde-noite do 23 de xaneiro, e case 200.000 alumnos das provincias de A Coruña e Lugo non pisasen as aulas, a decisión tivo como base as dificultades da predición.

En efecto, a confluencia de ventos cálidos subtropicais con masas de aire fría que penetran en altura ao Noroeste da península, orixina un fenómeno violento de xestación rápida que se expresa sobre todo en ondas xigantes, mais que en terra tamén deixa sentir os seus efectos. Velaí a secuencia desta cicloxénese -desde as 9.00 da mañá do día 23 ata as 18.00 do día 24, cando xa se ten internado no continente e perde forza a perturbación- en imaxes de satélite procedentes da Axencia Estatal de Meteoroloxía:

mapa_satelite_23xan09_09horas1  mapa_satelite_23xan09_18horas  mapa_satelite_24xan09_03horas  mapa_satelite_24xan09_09horas  mapa_satelite_24xan09_18horas

Finalmente, o fenómeno pasará á historia coa denominación de ciclón extratropical Klaus, nome atribuido polo servizo meteorolóxico alemán.

4 thoughts on “Unha cicloxénese explosiva

  1. Pingback: Blogue guía (blogguia.climantica.org) » Blog Archive » Tornados en Galicia

  2. Pingback: Medran os riscos naturais « O blog de Xosé Antón

  3. Pingback: Unha nova cicloxénese « O blog de Xosé Antón

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s