Nunha catedral gótica


  

“Cincuenta e sete rosas ou óculos, tres enormes rosetóns, máis de cento vintecinco fiestras… A profusión de vidro é tan fabulosa (mil oitocentos metros cadrados, le o viaxeiro nas súas guías) que este non sabe onde atender nin desde que sitio mirar ese xogo infinito de figuras e cores que cubre toda a fábrica, desde a fachada á ábsida. A  impresión que produce é a de estar nun soño. Un soño que vai medrando a medida que a vista se desliza polos muros, de abaixo arriba e dunha beira á outra, descifrando os motivos dunha iconografía que, como o mundo na relixión, divídese e organízase en tres planos diferentes: abaixo os vexetais, en medio o mundo animal e, no máis alto de todo, o sobrenatural ou místico. É dicir, a célebre pirámide relixiosa tan do gusto das xentes do medievo. (…) Porque, se as vidreiras son impresionantes (sobre todo unha mañá como esta), non o é menos o tamaño destas naves que parecen concebidas, máis que para permanecer nelas, para elevarse cara ás alturas. Desde o exterior, agullas, pináculos e arcobotantes convértena nunha fraga fabulosa (unha bela fraga de pedra), mais, por dentro, a catedral parece máis unha grande adega na que os rosetóns fan as veces de ollos de boi. Construida ao estilo francés, seguindo o mesmo modelo que as de Reims ou Chartres, é, xunto coas de Toledo e Burgos, o edificio gótico máis importante de cantos se conservan na Península, aínda que ten sobre estas aínda unha vantaxe: case a cuarta parte da súa estrutura é de vidro, o que a fai aínda máis esbelta e delicada. O que contrasta co seu tamaño e coa altura das súas dúas torres, que o viaxeiro lembra agora desde dentro. Lémbraas e volve a velas: cadradas e puntiagudas, como frechas que apuntasen cara ao ceo de León.”

Julio Llamazares: As rosas de pedra.

* Consulta o proxecto de restauración das vidreiras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s