Arquitectura gótica


    

O sistema estrutural adoptado polas arquitecturas góticas emprega arcos apuntados de maior flexibilidade que os semicirculares románicos, bóvedas de crucería nervadas que concentran as forzas portantes en puntos dispersos do muro e arcobotantes que funcionan como reforzos lineais.

“A mediados do século XII, o uso case exclusivo das bóvedas de aresta que se dá nas naves laterais das igrexas románicas foi sustituido polo sistema de bóvedas de crucería cuatripartitas. Para as altas bóvedas centrais das igrexas maiores, non obstante, este sistema de abovedado de pranta rectangular (como no caso de Durham) deixou paso ás bóvedas de crucería sexpartitas de pranta cadrada, cada unha das cales cubría dous tramos dunha mesma nave. Con escasas excepcións, as bóvedas sexpartitas tiveron un uso específico nas naves centrais das principais igrexas góticas da segunda metade do século XII, incluindo as catedrais de Sens, Laon, París e Bourges. Despois, inesperadamente, tras o comezo do século XIII, todas as grandes igrexas góticas, incluida a de Chartres, despregaron altas bóvedas de crucería cuatripartitas.

(…) Na arquitectura gótica posterior, particularmente en Inglaterra e Alemania, a configuración clásica das bóvedas cuatripartitas de nervaduras diagonais e cruzadas sustituíuse con frecuencia por bóvedas que presentaban un diseño de nervaduras moito máis intrincado. A nave central da catedral de Lincoln, completada antes do ano 1240, incluía un dos exemplos máis temperáns de tal elaboración, a bóveda de tercelete. Engadíronse nervaduras adicionais na metade de cada unha das superficies das bóvedas, polo que estas aparecen con pranta en forma de estrela, con oito panos en lugar dos catro precedentes.

(…) A proliferación das nervaduras das bóvedas non rematou coa construción da nave central da catedral de Lincoln. Os terceletes adicionais tiveron que dividir, moito máis, as bóvedas seguintes. Nos anos de transición ao século XIV inaugurouse aínda outra categoría de nervaduras secundarias. Estas nervaduras máis curtas, chamadas “ligaduras”, proporcionan unha unión visual entre as nervaduras diagonais e as de terceletes, para permitir a creación, se cabe, de modelos de trama moito máis fantásticos, baixo as bóvedas. As bóvedas así decoradas coñécense como bóvedas de ligadura.

(…) Outro estilo de abovedamento gótico posterior, axeitadamente descrito como capaz de permitir en torno a el “unha atmosfera de intensa exuberancia”, tamén se puxo de relevo nos edificios públicos ingleses, despois de mediados do século XIV. Coñecidas como bóvedas de abano, o seu despregue de nervaduras uniformes similares a unha palmeira, (…).”

Robert Mark (ed.): Tecnoloxía arquitectónica ata a revolución científica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s