No claustro de Silos


 

Ademais do enhiesto surtidor de sombra y sueño ao que Gerardo Diego cantou en 1924, no claustro de Silos o visitante atópase cun dos cumios da escultura románica europea. Unha mostra inxente de seres fantásticos e híbridos poboa os capiteis deste recinto: as sereas, representadas como mulleres-ave, son símbolo da voluptuosidade e a sedución; as arpías, con faciana feminina, corpo de ave e cola de serpe, son gardas da árbore da vida, sempre en actitude de vixiancia; as esfinxes, con cabeza de muller, corpo de león e ás de ave, son tamén vixiantes de recintos sagrados, función que xa tiñan nos templos exipcios; os grifos, de orixe oriental, teñen corpo de león e ás de águia; centauros, quimeras e dragóns completan este ilustre bestiario historiado.

Nos recantos do claustro, oito paneis con baixorrelevos adornan con diversas escenas o recinto. Sometidas as representacións ao marco arquitectónico, apenas queda baleiro espacial -o horror vacuii é unha norma-, e sempre se manifesta Cristo con perspectiva xerárquica. Na coñecida Dúbida de Santo Tomás, os apóstolos rodean a Xesús cobixados por un arco de medio punto que enmarca a escena; responden a un modelo-tipo, repetido case como un selo, de figuras estilizadas e presentadas frontalmente; o único xesto individualizado é o do escéptico Tomás, que afunde a súa man no costado de Cristo, tal e como se narra no Evanxeo de Xoan.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s