Paquidermos desde Lisboa


 

O día da Epifanía de 1552, o elefante Solimán chegou a Innsbruck, tal e como nos conta Saramago en A viaxe do elefante. Guiado polo seu cornaca Fritz, antes Subhro, despertou admiración entre a poboación local, como viña facendo desde as orixes dun treito que se iniciara en Lisboa e continuara por Valladolid, Rosas, Xénova, Padua ou Trento -onde se estaban a celebrar as sesións do segundo período do concilio contrarreformista- antes de chegar ás terras austríacas de destino. 

Observando a ilustración de Michael Minck sobre a entrada do paquidermo na hoxe cidade alemana de Wasserburg, o día 24 de xaneiro do mesmo ano, descubrimos ao animal de grandes dimensións que fora regalado por Xoan III de Portugal ao arquiduque Maximiliano de Austria. A ilustración, invertida, lembra en boa medida o boceto do elefante Hanno -regalado en 1514 polo rei de Portugal Manuel I con motivo da coroación de León X, e posteriormente convertido na mascota deste– realizado por Rafael Sanzio. Por esas datas tamén gravara Durero a estampa do primeiro rinoceronte asiático (1515) traído a Lisboa. E non sería de estranar que a ilustración de Minck poidese inspirar esa alegoría satírica da Terra, de Arcimboldo (1570) na que, entre moitos outros animais, o elefante ocupa a fazula dereita.

Mais se de elefantes asiáticos falamos, convén lembrar o que estaba representado nas paredes da igrexa soriana de San Baudelio de Berlanga, hoxe depositado no Museo do Prado, un exótico elefante con casteliño finamente estilizado, sobre fondo plano dun vermello vibrante, unha referencia clara ao carácter orientalizante e sen volume da pintura de influenza mozárabe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s