Mestre Estevo


praterias_1  praterias_2

O mestre Estevo, probablemente influenciado polo mestre de San Martiño de Frómista, foi o artífice de parte das obras da desaparecida fachada norte da catedral románica de Compostela, vila que abandonou en 1101 (ano no que se atopa traballando en Pamplona). O seu estilo identifícase polo estudo coidadoso das anatomías e a caracterización das facianas con beizos grosos, ollos prominentes e fazulas hinchadas; o cabelo sempre o trata con mechóns soltos; as pregas, sobre roupas amplas, disponas sempre en paralelo, debuxando un “U” no seu conxunto; as influenzas clásicas son acusadas na súa obra.

O “mestre de Praterías”, así denominado por Moralejo, é autor dalgunhas obras ben significativas como os relevos da creación de Adán, a Eva co cranio (consulta un interesante artigo do doutor Carlos Sastre Vázquez ao respecto) ou o David rei, todas elas na fachada meridional da basílica románica de Compostela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s