Gislebertus


 

A escultura románica, habitualmente pétrea e adaptada a tímpanos e capiteis, cumpre -cando é figurativa- o novidoso papel didáctico de aleccionar a unha comunidade en moitos casos analfabeta. Esta escultura pon imaxes da Biblia, os Evanxeos ou exemplos de santos ante os ollos dos fieis cun tema preferente: a loita entre o ben e o mal, que moitas veces se manifesta en visións sobrecolledoras do Cristo do Apocalipse ou do Xuizo Final.

O labor monumental das portadas románicas -complementario da arquitectura- estivo ligado aos canteiros, dos que raramente coñecemos os seus nomes, o que non impide a afirmación concreta de certas figuras como Gislebertus.

Gislebertus traballou nas primeiras décadas do século XII en Autun, onde arredor de 1130 esculpiu o tímpano da fachada occidental. Pero a obra que mellor singulariza a este autor é sen dúbida a Tentación de Eva do mesmo pórtico, hoxe no Musée Rolin de Autun; a postura de Eva neste relevo non obedece seguramente ao criterio formal de adaptación ao marco do lintel, senón a unha práctica litúrxica local, na que os mércores de cinza os penitentes entraban na catedral gateando, sen poder levantarse ata ter recibida a absolución. K. Porter atribúelle tamén a Gislebertus a Virxe do claustro de Solsona (Lleida).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s