Chegou “El Greco”


  

Baseada nunha adaptación libre da novela de Dimitris Siatopoulos “El Greco, o pintor de Deus”, a película protagonizada por Nick Ashdon, Juan Diego Botto e Laia Marull retrata a traxectoria artística de Doménikos Theotokópulos desde o seu período de formación cretense ata a instalación en Toledo como artista valorado, incluíndo o seu paso polo obradoiro venecián de Tiziano.

A trama incide na relación entre O Greco -pintor que captou nas súas obras os ideais da Contrarreforma- e o cardeal Fernando Niño de Guevara, grande inquisidor retratado en torno a 1600 polo pintor cretense; as relacións de amor-xenreira entrambos personaxes culminan co proceso acusatorio contra o pintor polo tribunal da Inquisición. Por outra banda, en escena entra a inspiración feminina de Jerónima de las Cuevas -muller de alta sociedade ou de ascendencia mourisca?-, coa que o artista tivo un fillo non bautizado chamado Jorge Manuel.

Esas brétemas da vida do Greco son aproveitadas polo film para crear unha atmosfera abafante e inquisitorial, como corresponde á promovida polo Tribunal do Santo Oficio e á España finisecular do século XVI, e tecer unha historia que vibra, de paso, con algunhas das grandes obras do autor, como O Expolio e o Enterro do Conde de Orgaz.

Non podemos deixar de aludir a outras obras literarias -recentes e non tanto- que se inspiran na vida do Greco ou o seu descedente. Tal é o caso da novela de Manuel Ayllón La conjura de El Greco, a de Silvia Plager Las damas ocultas del Greco ou El laberinto, do noso benquerido Mújica Láinez.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s