Variedades climáticas de España


    

“En España hai múltiples matices climáticos, predominando o tipo mediterráneo, que queda influído pola continentalidade da Península, e unha estreita franxa costeira ligada á vertente norte e noroeste, cun clima oceánico temperado-frío.

En definitiva, obsérvanse dous dominios climáticos fundamentais:

a) Temperado-cálido ou mediterráneo (subtropical), ligado ao “Gran Sur”, ou sexa, grande parte de España peninsular, ao sur do paralelo 39º, Baleares, e costas mediterráneas, do que o trazo máis característico e específicamente mediterráneo é a aridez estival, aínda que con matices.

b) Temperado-frío, ligado ao extremo septentrional peninsular, observándose dúas categorías: subtipo oceánico, ligado a unha estreita franxa costeira que engloba Galicia, Asturias, Santander, País Vasco, Navarra atlántica, Pirineos occidentais e vertente do Pirineo oriental, e do que o trazo máis característico van ser as precipitacións abundantes e a presenza de choivas estivais, aínda que con matices, incluso con algún mes árido nalgunhas comarcas, e en cambio noutras danse as máximas choivas; subtipo continental, que englobaría ambas submesetas e depresión do Ebro, ou sexa, case 2/3 do territorio español peninsular.”

José Jaime Capel Molina: Os climas de España.

Deixando a unha beira as modificacións específicas que a montaña inclúe no clima (incremento da precipitación en altura e descenso térmico) e as características contrastadas entre as dúas vertentes (septentrional ou barlovento e meridional ou sotavento) que o relevo montañoso introduce no clima subtropical das illas Canarias, Capel Molina sinala 11 variedades climáticas no territorio peninsular e balear.

Completamos a visión do clima cuns mapas de nubosidade e xeadas elaborados con datos de mediados do século XX, que hoxe en día se ven matizados polas expectativas do cambio climático. Sen embargo, lembrade que o clima require series longas (alomenos de 30 anos) para analizar características promedio de cada variante. E acompañamos tamén o mapa de clasificación climática de Köppen, clasificación climática da que podemos consultar as características na web interactiva á que vos remitimos.

  nubosidade_espana  xeadas_espana  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s