Con Rembrandt no Prado


   

O fin de semana pasado tivemos ocasión de admirar a Rembrandt no Museo do Prado. A exposición, con 40 obras do autor, percorre as principais etapas do mestre holandés, desde o período de formación en Leiden ata a etapa de madurez, centrándose en historias bíblicas e mitolóxicas.

Alí atopamos a Lapidación de Santo Estevo (1625), primeiro cadro coñecido de Rembrandt, á beira da Discusión entre San Pedro e San Paulo -no que observamos a utilización dun modelo de ancián que se repite noutras obras e que ten sido identificado con seu pai-; o Xeremías lamenta a destrución do Templo, incidindo nos contrastes lumínicos e nos impresionantes brillos dos metais. Non faltan os autorretratos como o Autorretrato con traxe oriental, nin as referencias mitolóxicas a temas como o Rapto de Europa, no que o paisaxe ten un papel máis significativo -ben diferente da interpretación de Rubens– ou as alegorías de Belona, Artemisaúnico Rembrandt do Prado- e Minerva, nas que a súa amada Saskia é protagonista. A influencia e confrontación con Rubens obsérvase moi ben no seu Descendemento de Cristo, mais seguimos a estar sobre todo impresionados polo Festín de Baltasar.

Os nosos alumnos e máis nós admiramos a iluminación dos metais e das xoias, a teatralidade das expresións, o dinamismo das composicións, a penetrante introspección sicolóxica que o pintor leva a cabo nos personaxes, a admiración de Rembrandt polas súas modelos Saskia e Hendrickje, a evolución pictórica dun autor que mestura pinceladas longas con detalles miniaturísticos, un holandés que acumula herdanzas realistas da pintura flamenca cun exquisito tebrismo norteño, inapreciable nas reproduccións dos libros, mais vibrante a un metro de distancia da tea cando o olla o espectador con interese. Aínda que faltasen os retratos de grupo, nengunha destas historias desmerece na produción do pintor.

Coñece algo máis sobre Rembrandt. E bota unha ollada a uns vídeos sobre o artista, entre os que incluímos o inicio do clásico de Korda interpretado por Charles Laughton (1936):

   

Lembra que existen outras versións cinematográficas sobre o pintor, entre as que cabe citar o “Rembrandt” rodado por Charles Matton en 1998 e o film que hai uns meses recomendamos de Peter Greenaway sobre A rolda de noite.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s