Libros de miniaturas, por Yarza


  

Dentro do curso sobre a influencia da arte flamenca na arte hispana, organizado pola Fundación Barrié, o profesor Joaquín Yarza disertou -tomando como base o breviario da raíña Isabel– sobre a significada transcedencia da miniatura na arte de finais do século XV, e enfatizou unha serie de aspectos singulares a xeito de conclusión: a) a relación entre a pintura e a miniatura, no século XV, é moi estreita (e as miniaturas son consideradas naquel tempo como unha mostra de arte incluso superior á da pintura); b) os libros miniados gustan moito na Castela e Aragón daquel tempo, do que son boa mostra o encargo da raíña Isabel e outros encargos señoriais e arcebispais; c) a cantidade de Libros de Horas realizados naquel momento no noso territorio foi escasa, tendo en conta que a meirande deles foron importados, dada a grande calidade da miniatura flamenca daquel tempo; no século XVI, a miniatura peninsular acadaría especial relevancia nos cantorais, que son a única mostra de libros miniados ricamente decorados.

Para ilustrar as súas teses, o profesor Yarza acudíu a imaxes do Libro de Horas de Isabel a Católica, entroutras.

Á hora de establecer relacións, o profesor Yarza non obviou a influencia que os libros manuscritos tiveron na realización de amplos tapices. E nese momento acudíu á miña mente aquela obra de Tracy Chevalier na que se relata o encargo dos debuxos para unha serie de tapices que Jean Le Viste fai ao seductor Nicolas des Innocents, sabendo que os mesmos han de realizarse en Bruxelas; tratábase de A dama e o unicornio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s