Un mapa do tempo


 

Á hora de comentar un mapa do tempo é preciso ter en conta os centros de acción, as frontes e a situación atmosférica que se deriva. Poñamos por exemplo os mapas de masas de aire e mapa de isobaras que AEMet (a Axencia Estatal de Meteoroloxía, antigo INM) nos ofrece ás 00.00 horas do 4 de novembro de 2008. No mapa de isobaras apréciase a presenza dunha baixa presión (con 1007 mb no seu centro) no Golfo de Biscaia, que aporta inestabilidade a toda a Península Ibérica. Está contribuindo a enviar ventos de compoñente N-NO -que enfilan a península desde o Oeste e chegan a certas áreas como o País Vasco procedentes do SO- asociados a frontes frías que portan influencia polar, descenso das temperaturas e inestabilidade á meirande parte da península. Ademáis, quedan restos doutra baixa presión aloxada ao S. das illas Baleares, que tamén está asociada a forte nubosidade e inestabilidade. O anticiclón das Azores disponse de xeito oval, cunha cresta que apunta cara ao NL, pero sen incidencia directa no tempo meteorolóxico da península, aínda que sí en Canarias. Todas estas características podémolas ben ollar no mapa de masas de aire que nos ofrece o satélite, no que se percibe ben a circulación dos ventos en sentido contrario ás agullas do reloxo -tal e como corresponde ao hemisferio Norte nas baixas presións-. En suma, o resultado será un tempo inestable na meirande parte da península, tal e como se desprende da información de vídeo proporcionada na cabeceira desta entrada.

* Podes consultar un artigo sobre os mapas do tempo na páxina oficial de José Miguel Viñas.

* Infórmate sobre o significado dos mapas do tempo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s