Pinceladas de arquitectura romana


     

Indro Montanelli falounos na súa Historia de Roma, entroutros moitos detalles, das orixes da cidade. Ao final das guerras púnicas, segundo o autor, na urbe “dúas rúas principais cruzábanse dividíndoa en catro barrios, os chamados lari compitali, aos que se elevaban estatuas en todos os recantos. Eran rúas estreitas e de terra apisonada, que só máis tarde foron pavimentadas con pedra extraída do areal do río. A cloaca Máxima existía xa, ao parecer, en tempos dos Taquinos. Conducía os detritus de Roma ao Tíber, infectando as augas que habían de servir para beber. En 312, Apio Claudio o Cego afrontou e resolveu este problema construindo o primeiro acueducto que suministrou a Roma auga fresca e limpa sacada directamente dos pozos. E por primeira vez, os romanos, cando menos os de certa categoría, dispuxeron de suficiente cantidade para poderse lavar. Pero as primeiras termas, ou baños públicos, foron construidas tan só despois da derrota de Aníbal.”  O relato introdúcenos de xeito concreto nunha realidade tantas veces enfatizada: a cultura romana era esencialmente urbana e a súa arquitectura utilitaria. 

“As casas (domus) dos romanos ricos e poderosos estaban diseñadas e decoradas para reflectir a súa posición na vida pública. O arquitecto Vitruvio, que escribíu en época de Augusto, distinguía diferentes categorías de persoas e as súas respectivas necesidades: os campesiños só precisaban dun lugar para gardar os seus apeiros, os financieiros un determinado grao de confort e elegancia, os avogados e o resto de homes de leis un espazo máis grande onde ter reunións e aqueles que tiñan un negocio público necesitaban vestíbulos de teitos altos e patios grandes. (…) Pola mañá tiña lugar a presentación formal dos clientes (salutatio), e as domus dos últimos anos da República e dos primeiros do Imperio parecen diseñadas a propósito para iso: os clientes esperaban sentados nos bancos colocados no exterior e, a medida que lles chegaba o turno, pasaban a través do vestibulum ou o hall de entrada ata o atrium, logo atravesaban as alae -un lugar destinado ás secretarias ou oficiais- para chegar finalmente ao tablinum (sala de recepción). Os amigos ou coñecidos da casa tiñan un acceso moito máis fácil e podían cear no triclinium ou incluso estar presentes cando o señor se levantaba ou retiraba a descansar. (…) Tense sinalado que a domus romana non era máis que unha serie de salas decoradas, arredor das que se dispoñían habitacións en forma de celda para usos máis íntimos ou para conversas privadas.”

Susan Walker: “Arte romana.”

” A rúa estaba alineada por unha fiada de casas; non eran como os baixos e extendidos conxuntos de vivendas de Roma, senón estreitas fachadas sen fiestras que parecían ter volto as costas ao rebumbio do tráfico e terse replegado sobre sí mesmas. Algunhas portas abertas permitían intuir o que había máis alá -frescos corredores decorados con mosaicos, patios soleados, fontes- (…).”

Robert Harris: “Pompeia”.

* Bota unha ollada a un esquema e unha recreación dunha antiga domus romana.

Á beira das domus e insulae, as cidades romanas contaban con gran multitude de edificios públicos civís e relixiosos, obras públicas, estatuas e arcos de triunfo, entre os que cabe citar templos e anfiteatros, acueductos, basílicas,…

“Roma e as rexións que a circundaban non estaban favorecidas, como Atenas, con canteiras de mármore próximas. Dispoñían habitualmente de minerais como o peperino, o travertino e unha toba volcánica branda que endurecía convenientemente cando se expoñía á atmosfera. Nas provincias usábase o ladrillo e a pedra local, que incluían desde a caliza de cor clara e gran fino do sur de Francia ata a pedra nativa de cor gris escura do Val de Aosta. O formigón puzolánico, usado comúnmente durante a época imperial, “curaba” ou fraguaba químicamente de xeito similar ao cemento Portland moderno. Iso permitía que se usase para construcións submariñas en lugares portuarios, así como para construir acueductos e cloacas, sen que o morteiro se disolvese debido aos efluentes.”

Robert Mark (ed.): “Tecnoloxía arquitectónica ata a revolución científica.”

“O Coliseo de Roma, o anfiteatro romano máis grande, medía 118 x 156 x 48 metros e medio de alto e estaba provisto de asentos para máis de 55.000 espectadores. Comezado baixo Vespasiano, no 75 d.C., o anfiteatro situábase no lugar que ocupou o lago da Domus Aurea de Nerón, polo que se transformou parte do solar do pazo en espazo público. De feito, o peso da masa de auga do lago axudou probablemente a consolidar o subsolo antes da construción desta estrutura enormemente pesada nunha área profunda e pantanosa.

De todos os anfiteatros do imperio, o Coliseo era o único que posuía dúas galerías rodeando ás rampas de asentos converxentes ao mesmo nivel. Esta segunda galería concéntrica permitía a adición de fiadas extra de asentos por enriba, dando lugar alternativamente a unha terceira orde de arcos imprescindibles no muro exterior. Domiciano engadiu un cuarto piso entre os anos 81 e 82 d.C., pero calquera vestixio dos asentos superiores tense perdido, o que suxire que estaban construidos con madeira. Dos toldos de lona, famosos porque eran extendidos dunha beira á outra da arena por un pelotón de mariñeiros para protexer ao público do sol, quedan como lembranza as ménsulas de pedra que no seu día sostiñan os seus mastros de soporte.

(…) O Panteón de Roma, construido aproximadamente entre os anos 118 e 128, presenta un problema distinto na estrutura e diseño do muro. Un macizo tambor circular, composto dun núcleo de formigón puzolánico revestido con ladrillo e mármore, sostén a colosal cúpula superior de 43 metros de diámetro. A pesar dos 6 metros de espesor, o tambor non é realmente sólido en todas partes. Máis ben consiste en oito grandes pilares unidos mediante arcos de descarga. Oito profundos nichos, un que forma a entrada e os outros sete que cobixan as estatuas dos sete deuses romanos principais, axudan a alixeirar o pesado muro e reducen a carga total nos cementos. (…) A cúpula do Panteón non tivo parangón ata a construción da cúpula da catedral de Florencia, uns 1300 anos despois. (…) A cúpula de formigón do Panteón, construida cunha gradación de áridos lixeiros, para reducir o seu peso, e polo tanto os seus empuxes, probablemente tomou a súa forma sobre cimbras de madeira apoiadas no terreo.

(…)  Un dos mellores exemplos de acueductos é Pont-du-Gard, xunto a Nimes, de 275 metros de longo, que data dos primeiros anos do século I d.C. Construido para transportar auga a traverso do al do río Gard, a ponte é en efecto un muro que se eleva 49 metros sobre a superficie do río, con grandes vans que pemiten ao río fluir pola base e que reducen o volume total de mampostería extraída da canteira nos niveis superiores. A construción de Pont-du-Gard pódese describir como unha fórmula exitosa: grandes bloques de pedra labrada colocados sen morteiro para eliminar a ameaza que supón a auga disolvéndoo nas xuntas e levando probablemente ao edificio ao derrumbamento; pedras saíntes na imposta para proporcionar unha plataforma onde soster a cimbra colgante durante a construción e pedras semellantes nas caras externas dos pilares, así como entrepanos que axudaban a soster os andamios nos que se colocaban os traballadores e polos que se elevaban os materiais. (…) A súa enorme anchura (6 metros e medio orixinalmente na arcada inferior, 4 metros e medio na intermedia e 3 metros na máis alta) e o peso propio dos seus pilares e arcos contrarrestaban dun xeito máis que suficiente os esforzos de flexión potenciais procedentes das cargas laterais debidas ao vento. Os arcos escalonados estaban estabilizados mediante sobrecargas de pedra.”

Robert Mark (ed.): “Tecnoloxía arquitectónica ata a revolución científica.”

* Comproba -facendo honra ao título deste artigo-, nestas veduttas (vistas) de antigüidades romanas, pintadas por Giovanni Paolo Paninni en 1755, cantos lugares podes recoñecer. Tamén podes comprobar como recreou Charles Robert Cockerell, ao longo do século XIX, algunhas estampas da Roma antiga.

* Algunhas das máis recoñecidas veduttas de Roma son as que a mediados do século XVIII elaborou Piranesi como gravados. Así podemos comprobar o estado, naquel momento, do exterior e interior do Panteón, o Coliseo, o arco de Tito ou o arco de Constantino.

* No proxecto Rome Reborn 1.0, a Universidade de Virxinia fainos revivir virtualmente lugares e aspectos da Roma antiga.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s