Erecteion


  

A construción do Erecteion foi iniciada no 421, abandonada durante a guerra de Sicilia e reemprendida nos anos 409-407 a.C. Trátase dun conxunto anómalo, do que as masas están determinadas por especiais circunstancias de culto e polos desniveis do terreo.

“O edificio, de planta rectangular (13,00 x 24,78 m) ten sobre a súa fronte oriental seis columnas xónicas, que constitúen unha pronaos en forma de pórtico que dá acceso á cella dedicada a Atenea Polias, que ocupa aproximadamente a metade da profundidade do edificio completo. Outro pórtico, máis profundo, ábrese ao norte, con catro columnas de fronte e dúas na beira, tamén xónicas, con basas e colariño enriquecidos por finísimos ornamentos. Por el accédese á cella de Poseidón Erecteo e a un ámbito a ceo aberto (culto do lóstrego) que se atopa detrás da fachada oeste, do que as columnas xónicas se alzan sobre un muro de arredor de 3 metros de altura para superar o desnivel e donde xa existían o culto de Pandros e a tumba de Cecrops. A este patio está adosada, sobre a beira sur, a tribuna das Cariátides, un baldaquino sostido por seis robustas figuras femininas vestidas con peplo e que sosteñen unha pátera, que pecha unha parte da tumba de Cecrops. O seu alto zócolo disimula a escaleira que conduce á cripta. A tribuna das Cariátides é o elemento máis severo de todo o edificio.”

R. Bianchi Bandinelli e E. Paribeni: “A arte da antigüedade clásica. Grecia”.

No teito da fachada norte hai unha abertura que nunca se chegou a pechar xa que se dicía que foi provocada por un raio lanzado por Zeus ou, segundo outra versión, polo tridente de Poseidón durante a súa loita con Atenea. De feito, no punto correspondente do chan, pódense ver os tres orificios como se fosen as pegadas das puntas dun tridente. Alí os fieis ofrecían abundantes libacións. Á dereita da fachada hai unha porta que conducía á capela da ninfa Pándroso, lugar onde Palas ofreceu o seu don á cidade de Atenas: a oliveira. A árbore que hoxe vemos foi prantada a comezos do século XX no mesmo lugar no que se achaba a antiga, que se queimou durante a invasión dos persas. Segundo a lenda, despois de tan só un día, brotaron novas pólas e follas da oliveira queimada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s