Unha axuda para setembro


 Eugène Delacroix - La liberté guidant le peuple.jpg    

Coa finalidade de axudar a preparar un pouco mellor o exame de setembro de Historia do Mundo Contemporáneo, remitímosvos a algunhas imaxes -ordeadas cronolóxicamente- e documentación complementaria para algúns aspectos dese exame extraordinario. En todo caso, non deixedes de consultar os posts de Historia xa publicados no blogue ao longo do curso académico 2007-08.

Un tema importante é a evolución dos movementos sociais no século XIX, desde as primeiras protestas ludistas ata as propostas marxistas, sen esquecer a creación de partidos obreiros, dos que o SPD foi o primeiro en artellarse, e foi criticado por Marx e Engels despois da publicación do programa de Gotha.

Tamén resulta significativa a evolución de Rusia ao longo do século XX, que parte dunha situación case feudal a comezos de século, denunciada por Tolstoi nunha carta ao tsar Nicolás II:  Querido irmán:
Este cualificativo paréceme o máis conveniente porque, nesta carta, diríxome menos ao emperador e ao home, que ao irmán. E, ademais, escríbovos case dende o outro mundo, atopándome en espera dunha morte moi próxima. (…)
Unha terceira parte de Rusia está sometida a unha continua vixilancia policiaca; o exército de policías coñecidos e segredos aumenta sen cesar; as prisións, os lugares de deportación e os calabozos están repletos; á parte de douscentos mil criminais de dereito común, hai un número considerable de condenados políticos entre os cales existen agora multitude de obreiros. A censura coas súas medidas represivas chegou ata un grao tal que non alcanzou nos peores momentos dos anos que seguiron o de 1840. As persecucións relixiosas non foron nunca tan frecuentes nin tan crueis como a son agora, e cada vez van sendo máis frecuentes e máis crueis.
Nas cidades e nos centros industriais concentráronse as tropas, que armadas de fusís se enviaron contra o pobo. Nalgúns puntos xa se produciron choques e matanzas e noutros puntos prepáranse, e a súa crueldade aínda será maior.”
, pasando pola  revolución bolxevique de 1917 e chegando á descomposición do réxime tras a aplicación das políticas reformistas de perestroika e glasnost por Gorbachov. Esa “caída do Imperio” que tan ben retrata Kapuscinski.

Convén non desaproveitar a ocasión para lembrar aquela cita de Chéjov: “Rusia é un país tan grande que non hai sitio para un home pequeno.” ; ou a do noso querido Joseph Conrad en 1911: “Hai algo divino, impenetrábel na alma rusa, sexa europea ou asiática, e é a resignación.”; incluso o chiste que Igor, compañeiro da viaxe que levou a Manuel Leguineche a escribir “Nai Volga“: “Durante anos estivemos ao bordo do abismo; queridos camaradas, agora demos un grande paso á fronte.”

“A Gorby, ao que seguín de Xinebra a Reikiavik, moi presionado polo fenómeno da perestroika, odiábano. Cando recibíu o Nobel da Paz, os xornais titulaban con sarcasmo en primeira: “Escaseza de menciñas nas farmacias”, “Baixa un 63 por cento a produtividade no campo”, “Descende en picado a esperanza de vida dos rusos”.

M. Leguineche: “Nai Volga”

“O mariscal Brezhnev, presidente do presidium do Sóviet Supremo, era un apaixoado dos coches. Sabedores dos seus caprichos, os líderes occidentais regaláronlle: Rolls Royce, os británicos; Mercedes, os alemáns; Citroëns como o de Charles de Gaulle, os franceses; Ferraris, os italianos; Chryslers, os estadounidenses. Un chiste circulou neste senso durante os anos setenta en torno a Leonid Ilich Brezhnev, o de cellas de bufo. Para impresionar á súa nai, invitouna ao Kremlin, amosoulle os seus poderes e pertenzas, o seu nivel de vida, os seus coches alineados no garaxe, as súas dachas, as súas alfombras persas, os seus cotizados cadros, as súas lexións de criados, todo para que comprobase o lonxe que chegara desde que abandoou a aldea ucraína. Pero mamá Brezhnev, impasíbel, non movía un músculo. Nengunha daquelas marabillas parecía impresionala. O secretario do PCUS (1964-1982) levouna entón ata o pavillón de caza, que era un pazo versallesco. Paseouna polos xardíns, fixo que tocase a orquestra de moitos profesores, amosoulle a pinacoteca, os salóns de ouros e caobas, as paredes de platino, a biblioteca chea de incunábeis, as espadas de Wan, os frescos de Andréi Rubliov, a coroa de Pedro o Grande.

– Ben, nai, di algo. Que che parecen os tesouros que o teu fillo conseguíu?

– Está ben, moi ben, fillo, pero, que pasará cando volvan os roxos?”

M. Leguineche: “Nai Volga” 

“Isbas, casiñas de madeira, centrais hidroeléctricas, igrexas. “Templos de kilovatios”, chamaba o poeta Evtuchenko ás centrais. Nos países socialistas e nas ditaduras militares a fonte de inspiración do poeta oficial eran a hidroelectricidade, as petroquímicas, as presas e encoros, a eixada, o tractor, a colleitadora. Son como o tren blindado en tempo de paz. En medio, a arquitectura civil soviética deixounos estes bloques de edificios orwellianos, de paralelepípedos prefabricados, todos iguais, todos angostos, onde o individualismo desaparece en favor da Komunalka, os pisos comúns, a colectividade e o baixo orzamento.”

M. Leguineche: “Nai Volga” 

* Presta atención, entroutros, aos seguintes termos: apartheid, boulismo, comuna, fascismo, Estado do benestar, NEP, New Deal, ostpolitik, shoá, sovietsufraxismo.

* Investiga sobre a historia de Iugoslavia desde a súa creación tras a Primeira Guerra Mundial ou a historia da República Popular de China. Non deixes de prestar atención ás unificacións de Italia e Alemaña no século XIX.

* Lembra os tratados de paz asinados tras a Primeira Guerra Mundial e a creación da SDN.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s