Che


Polémicas aparte, ven de inaugurarse na rotonda de Nirvana (non hai dobre sentido), en Oleiros, unha escultura en aceiro cortén, de Juan Quintanilla e Carol Williams na que aparece perfilada a silueta da faciana de Ernesto “Che” Guevara, segundo a instantánea efectuada por Alberto Korda o 5 de marzo de 1960 en La Habana, cando o guerrilleiro asistía á despedida das vítimas dunha explosión no barco francés La Coubre, acto denunciado polas autoridades cubanas no seu día como sabotaxe da CIA. En 1968, o irlandés Jim Fitzpatrick creou o retrato que despois se popularizaría e difundiría tanto grazas á permisividade que se tivo canto a dereitos de reprodución (copyleft).

Non é o único lugar onde se conmemora o 40º aniversario da morte do Che, pois na localidade de El Alto, en Bolivia, inaugúrase estes días tamén unha estatua de chatarra que retoma a icona máis difundida do século XX.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s