Andiamo per Roma


Imos realizar unha viaxe cultural a Roma. Imos coñecer a Cidade Eterna, a urbe da que Stendhal dicía que “é costume inmemorial entre as xentes afectadas emocionarse ao chegar”. Por momentos, a visión da cúpula de San Pedro conmovíao tanto que dicía “non hai na terra nada comparable a isto. A alma conmóvese e elévase; unha tranquila felicidade invádea por completo”.

O noso programa inclúe:

1º día: visita a Santa Maria Maggiore e San Pietro in Vincoli.

2º día: visita á Roma clásica, incluindo a Praza do Campidoglio,  os Museos Capitolinos, os Foros Imperiais. Máis tarde, visita ao Trastevere.

3º día: Visita a San Pedro do Vaticano e Museos Vaticanos.

4º día: Visita á Via Appia Antica e as catacumbas de San Calixto. Non estará mal tentar ver o porto de Ostia.

5º día: Visita á Galeria Borghese, Fontana di Trevi, Piazza Spagna, Pantheon, Piazza Navona, San Carlo alle Quatro Fontane, Sant’Andrea al Quirinale.

– Interésate pola lingua italiana a traverso dun curso on-line.

– Consulta propostas de lecer na cidade. Visita as propostas de http://www.romaturismo.it/v2/romain48ore/en/romain4896ore.html e realiza unha visita virtual. Podes suxestionarte con outras visitas de interese.

“(…) Esta praza ábrese á inmensa columnata en dous semicírculos a dereita e esquerda que tan ben anuncia o templo máis belo da relixión cristiá. O espectador divisa á dereita, por enriba desta columnata, un pazo moi alto: é o Vaticano. Para o efecto de San Pedro, sería mellor que non existise este pazo. A praza comprendida entre as dúas partes semicirculares da columnata de Bernini (pero, por favor, mirade unha litografía de San Pedro), é ao meu xuizo a máis bela que existe. No centro, un grande obelisco exipcio; a dereita e esquerda, dúas fontes sempre funcionando, das que as augas, despois de subir en surtidor, caen en amplos recipientes. Este rumor tranquilo e continuo resoa entre as dúas columnatas e inclina ao ensoñamento. Este momento predispón admirablemente para emocionarse con San Pedro, (…) . A praza ovalada, da que os extremos rematan nas dúas partes da columnata, ten setecentos trinta e oito pés de longo por cincocentos oitenta e oito de ancho. Despois ven unha praza case cadrada e que remata na fachada da igrexa. A lonxitude total destas tres prazas que preceden a San Pedro é, a partir da rúa pola que se chega, mil cento corenta e oito pés. Os dous pórticos circulares de Bernini compóñense de duascentas oitenta e catro grandes columnas de pedra calcárea e de sesenta e catro pilastras; estas columnas forman tres galerías. En certas solemnidades, as carrozas dos cardeais pasan baixo a do centro. A base das columnas é de orde toscana; o fuste, de orde dórica, e as cornixas, de orde xónica. Miden trinta e nove pés e dous terzos de altura. Os dous pórticos semicirculares miden cincuenta e seis pés de ancho por cincuenta e cinco de altura. A balaustrada superior está ornada de cento noventa e dúas estatuas de doce pés de altura, como a da Ponte Lois XV. As estatuas de Roma son de pedra calcárea; foron feitas baixo a dirección do cabaleiro Bernini, e teñen actitudes bastante ridículas, mais non se miran, e, como están ben situadas, contribúen ao ornamento.”

Stendhal: “Paseos por Roma”

– Podedes realizar este breve cuestionario a continuación:

* Con que foi dourado o artesonado de Santa Maria Maggiore?

* Como estaba concebido inicialmente e como se realizou o mausoleo de Xulio II?

* Quen diseñou a praza do Campidoglio?

* Anota as características da Venus Capitolina, a Amazona ferida, o Sátiro en repouso, o Galo moribundo, a Loba Capitolina, o Espiñario, a estatua ecuestre de Marco Aurelio, a cabeza colosal de Constantino e o retrato de Caracalla. Infórmate máis a fondo sobre a estatua de Marco Aurelio e o galo moribundo.

* Visualiza este vídeo sobre o Coliseo e unha recreación de National Geographic do edificio.

* Infórmate sobre o arco de Tito e as características xerais dos arcos de triunfo en Roma.

* Quen diseñou San Pietro in Montorio? Sinala os elementos clásicos do templo.

* Olla este vídeo sobre a basílica de San Pedro do Vaticano e outro sobre a súa conclusión e a columnata de Bernini. Resume as historias bíblicas principais contadas na bóveda da capela Sixtina. Sinala a disposición da composición do Xuizo Final nesa mesma capela. Visita virtualmente a Stanza della Signatura e consulta os detalles máis significativos da Escola de Atenas. Coñece os detalles máis importantes da Piedade de Miguel Anxo.

* Infórmate sobre a obra de Bernini, e coñece algunha das súas obras máis significativas: o David, Apolo e Dafne, o Éxtase de Santa Tareixa.

* Analiza a distribución das termas de Caracalla.

* Infórmate sobre algunhas das obras máis importantes da Galeria Borghese: Amor sacro e amor profano, David coa cabeza de Goliat, Paulina Bonaparte.

* Que figuras alegóricas presiden a Fontana di Trevi?

* Olla un vídeo sobre o Pantheon e resume as características do edificio.

* Sobre que resto da antigüidade está situada actualmente a Piazza Navona? Compara a visión de Vanvitelli en 1699 da praza coa visión que ti teñas dela.

One thought on “Andiamo per Roma

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s