En busca da paridade


   

É hora de que os dous sexos da humanidade asuman con paridade responsabilidades políticas. Lembro as teses de Gilles Lipovetsky en “A terceira muller”, cando sinalaba que, desde hai catro décadas, a muller no mundo occidental se move nun escenario no que ten conquistado o poder de dispor de si mesma, decidir sobre o seu corpo e a fecundidade, o dereito ao coñecemento e a desempeñar calquera actividade. A Terceira Muller rexeitaba o modelo de vida masculino, deixarse tragar polo traballo e a atrofia sentimental e comunicativa, mais incorporándose con plenitude ás actividades da vida pública.

E ven todo isto a conto de terse retirado da carreira política pola presidencia dos Estados Unidos de Norteamérica a primeira muller que contou con posibilidades de selo: Hillary Clinton. Mais quizás sexa hora de lembrar a moitas mulleres que tiveron nas súas mans responsabilidades de goberno e abriron camiño cara a unha paridade na xestión política tan interesante como necesaria.

É o momento de lembrar a Indira Gandhi, Margaret Thatcher, Benazir Bhutto ou ben outras en activo, como Ellen Johnson-Sirleaf, Michelle Bachelet, Tarja Halonen ou Gloria Macapagal.  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s