Cara á Unión Europea


Europe 

A evolución de Europa occidental despois da Segunda Guerra Mundial caracterizouse por un incremento demográfico e das migracións, sobre todo procedentes dos países mediterráneos e das ex-colonias, cara ao núcleo industrial constituído por países como Suecia, Suiza, Alemaña, Gran Bretaña e Francia. A posguerra coincide cun crecemento económico que contribúe á mellora xeral do nivel de vida e un trasvase de poboación desde o sector primario cara ao secundario e terciario. Ao mesmo tempo expándese o Estado do Benestar, co incremento de prestacións sociais e finanzamento público do ensino, a sanidade e as actividades culturais.

Todo acontece nun marco de consolidación dos sistemas democráticos multipartidistas e dun incremento da cooperación económica e política, que a partir de 1957, co Tratado de Roma, dará lugar á formación da CEE, posteriormente convertida en CE e Unión Europea desde 1993.

* Coñece as datas clave na construción da UE e as institucións básicas da UE.

* Infórmate sobre os partidos políticos representados no Parlamento Europeo.

“Os soños europeo e americano consisten esencialmente en dúas ideas diametralmente opostas sobre a liberdade e a seguridade. Os estadounidenses defenden unha definición negativa da liberdade, e, por tanto, da seguridade. Para nós, a liberdade foi asociada desde sempre coa autonomía. Se un é autónomo, non depende dos demáis nin é vulnerable a circunstancias alleas ao seu control. Para ser autónomo é preciso ser propietario. Canta máis riqueza amasa un, máis independente é respecto ao mundo. Un é libre se se convirte nunha illa autónoma e autosuficiente. A riqueza trae consigo a exclusividade e a exclusividade trae consigo a seguridade.

O novo soño europeo, en cambio, baséase nun conxunto distinto de premisas sobre aquilo no que consisten a liberdade e a seguridade. Para os europeos, non hai que buscar a liberdade na autonomía, senón na integración. Ser libre significa ter acceso a unha miríada de relacións de interdependencia con outras persoas. Canto máis acceso ten un a comunidades distintas, tantas máis opcións e posibilidades ten de vivir unha vida plena e con sentido. As relacións traen consigo a inclusividade, e a inclusividade trae consigo a seguridade.

O soño americano pon énfase no crecemento económico, na independencia e na riqueza persoal. O novo soño europeo céntrase máis no desenvolvemento sostible, a calidade de vida e a interdependencia. O soño americano rende homenaxe á ética do traballo. O soño europeo é máis afín ao lecer e ao xogo. O soño americano é inseparable da herdanza relixiosa do país e dunha profunda fe espiritual. O soño europeo é secular ata o seu fondo máis íntimo. (…) O soño americano é inseparable do patriotismo e o amor polo país. O soño europeo é menos territorial e máis cosmopolita. Os estadounidenses estamos máis dispostos a empregar a forza militar no mundo, en caso necesario, para protexer o que percibimos como os nosos intereses vitais. Os europeos son máis reacios a usar a forza militar e prefiren en cambio a diplomacia, a axuda e a asistencia económica para evitar confrontacións, e as operacións de paz para manter a orde. O soño americano é profundamente persoal e garda escasa relación co resto da humanidade. O soño europeo é de natureza máis expansiva e integradora, e, polo tanto, mantén un maior compromiso co benestar do planeta.”

J. Rifkin: “O soño europeo”.

“A Unión Europea é a terceira institución de goberno máis grande do mundo. Os seus 455 millóns de cidadáns están distribuidos sobre unha superficie que representa a metade do territorio continental de Estados Unidos. (…)

Ben ollado, a Unión Europea é unha fazaña notable, sobre todo se un se para a reflexionar sobre o feito de que incluso os seus arquitectos non están seguros do que representa. Non é un Estado, aínda que actúa como se o fose. As súas leis están por enriba das leis dos vintecinco países que a integran [hoxe 27], e teñen poder vencellante. Ten unha moeda única -o euro- que usan moitos dos seus membros. Regula o comercio e coordina a enerxía, o transporte, as comunicacións e cada vez máis a educación por enriba das numerosas fronteiras nacionais que existen no seu interior. Os seus cidadáns gozan dun pasaporte único da Unión Europea. Ten un Parlamento Europeo, que emite leis, e un Tribunal Europeo, do que as decisións xudiciais son vencellantes para todos os países membros e os cidadáns da Unión Europea. Ten tamén un presidente e unha forza militar. A Unión Europea posúe moitos dos principais trazos que definen o Estado. E, sen embargo, non pode impoñer tributos aos seus cidadáns, e os seus Estados membros aínda disfrutan dun dereito de veto sobre calquera decisión que puidese implicar a participación das súas tropas. E, o máis importante de todo, a Unión Europea non é unha entidade territorial. Aínda que coordina e regula actividades que teñen lugar dentro dos límites territoriais dos seus Estados membros, non ten nengún dereito sobre o territorio e é, de feito, unha institución de goberno extraterritorial. Isto é o que convirte a Unión Europea nunha institución única.”

J. Rifkin: “O soño europeo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s