Maio 1968


    

A rebelión anárquica de 1968 sumíu a cidades como París nunha protesta estudantil e obreira que celebrou lemas como “Sexamos realistas. Pidamos o imposible”. Ese espírito de esquerdas, antiburgués, manifestado polos estudantes italianos en lemas tales como “Quero ser orfo”, rexeitando formalmente unha democracia acomodaticia e de consenso, instalada plenamente no crecemento económico de postguerra.

As protestas sociais de maio de 1968 en París amosaron unha creba da política de consenso reinante ata aquel momento. Cando François Ceyrac -presidente da patronal francesa- xacía no hospital despois de “consensuar” a paz social cos sindicatos en febreiro a cambio dunha mellora nos salarios dos traballadores a tempo parcial, os estudantes de Nanterre, influenciados pola “revolución cultural” maoísta, botáronse á rúa en protesta contra o autoritarismo e reivindicando un novo feminismo que abrazaba a liberación sexual a xeito de protesta contra a moral represiva burguesa.

Finalmente, daquelas protestas de 1968 brotou un eurocomunismo separado dos presupostos soviéticos, unha nova esquerda que rexeitaba o sindicalismo tradicional como unha peza máis do sistema capitalista. E quedaron lemas inesquencíbeis: “Prohibido prohibir”, “A imaxinación ao poder” ou “O aburrimento é contrarrevolucionario”.

* Le un artigo de Timothy Garton Ash comparando as revolucións de 1968 e 1989 e reflexiona, entroutras, sobre esta afirmación:

“Na maioría das nosas sociedades, a meirande parte do tempo, as posibilidades de vida das mulleres, os homosexuais e as lesbianas, de todo tipo de minorías e clases sociais que ata o 68 se viran impedidas por unha xerarquización ríxida, son moito mellores hoxe que nunca. Incluso os críticos do 68 como Nicolas Sarkozy se beneficiaron desa transformación (¿podería ter chegado a presidente un divorciado fillo de inmigrantes no mundo idílico que, segundo el, existía antes do 68?)”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s