Desequilibrios territoriais en España


O peso dos recursos naturais e económicos, a pegada da historia e os conseguintes avatares políticos e demográficos fan do territorio español un conglomerado de rexións dispares e con contrastes evidentes entre sí. A propia superficie territorial opón cidades autónomas e comunidades cunha superficie inferior ao 1% do Estado (Ceuta, Melilla, A Rioxa) a outras que superan o 15% da mesma (Castela-León, Andalucía, Castela-A Mancha).

Outro contraste evidente ven dado pola demografía: a poboación concéntrase fundamentalmente no litoral (a excepción da macro-metrópole de Madrid); por CCAA, catro delas concentran máis do 57% da poboación total de España en 2007 (Andalucía, Cataluña, Comunidade de Madrid e Comunidade Valenciana), mentres A Rioxa, Ceuta e Melilla apenas aglutinan ao 1% da poboación total. Os saldos migratorios internos obtidos a través da Estatística de Variacións Residenciais (EVR) publicada polo INE, permiten comprobar como a área meridional, levantina e País Vasco -segundo un estudo publicado sobre o período 2001-2005- absorben poboación, mentres o resto do Estado actúa como emisor (a crecente migración cara á periferia das grandes áreas metropolitanas e a concentración xeral da poboación nestas son as características máis significativas deste inicio do século XXI).

E observando a renda per cápita a nivel estatal, as comunidades do que podemos definir como Eixo do Ebro (País Vasco, Navarra, A Rioxa, Aragón, Cataluña), xunto con Madrid, son as que superan a renda per cápita media do Estado, fronte a unha porción suroccidental do mesmo (Extremadura, Andalucía, Castela-A Mancha) que permanece con rendas inferiores ao 80% da media.

Se queremos falar de contrastes non debemos esquecer aspectos como o paro, que segundo a EPA do primeiro trimestre de 2008 acada a media do 9,63% da poboación activa en todo o territorio nacional, aínda que con variacións internas que van desde o 22,74% de Melilla, 16,87% de Ceuta ou 14,83% de Andalucía ata o 5,98% de Aragón ou o 6,25% de A Rioxa.

Todos estes datos volven debuxar a oposición entre unha España mediterránea e nororiental, á que se engade o excepcional caso de Madrid, máis desenvolvida e con proximidade espacial e económica ao ámbito europeo, fronte a unha España noroccidental e suroccidental de maior esvaecemento económico e puxanza limitada, salvo en áreas costeiras definidas polo implante de importantes aglomeracións urbanas (eixo A Coruña-Vigo no noroeste) ou polo impacto económico global dun turismo en expansión (caso da Costa do Sol andaluza).

Aínda que tendan a alixeirarse os efectos da disparidade de rendas, tal e como citaba Miguel Sebastián, subsisten oposicións significativas que han de ser correxidas por instrumentos como o Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) e os Fondos de Cohesión da UE, que aportan menores cantidades a España en función da ampliación da UE a 27 membros e a conseguinte reducción da renda media per cápita pola integración de países orientais máis pobres.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s