Maio de 1808


  

O 2 de maio de 1808 tivo lugar o levantamento do pobo de Madrid, apenas uns centos de persoas de clase humilde que reaccionaron contra a invasión francesa con paus, navallas, machadas, tesoiras e apeiros de labranza, unha vez que se difundíu a idea de que os franceses pretendían sacar de España aos últimos membros da familia real española. As tropas napoleónicas sofocaron rápidamente o movemento, e nos fusilamentos posteriores morreron máis de 400 persoas, entre elas medio cento de mulleres e unha ducia de nenos. A represión organizouse na colina de Príncipe Pío.

Francisco de Goya dirixiuse ao rexente, don Luis de Borbón, en 1814, para “perpetuar por medio do pincel as máis notables e heroicas escenas da nosa insurrección contra o tirano de Europa…”, antes de que regresase Fernando VII. A serie de lenzos conmemorativos do levantamento do pobo de Madrid tería que ter sido máis ampla, pero finalmente só se conservan dous: o Dous de maio en Madrid ou Carga dos mamelucos e os Fusilamentos do 3 de maio, que lembran os episodios máis significativos do levantamento e represión contra o pobo de Madrid.

As obras de Goya teñen sido restauradas para este bicentenario conmemorativo da Guerra da Independencia, despois de teren sufrido danos históricos. Porque, con motivo do bombardeo alemán na guerra civil sobre Madrid, o goberno republicano decidíu trasladalos a Valencia e posteriormente ao castelo xerundense de Peralada; no traxecto, o camión que os transportaba sufríu a caída dunha balconada por bombardeo na localidade castellonense de Benicarló.

A Carga dos mamelucos presenta unha composición aberta, artellada en torno a grandes manchas e pinceladas violentas, cun cromatismo vibrante, axeitados a unha reacción popular iracunda, que se manifesta ben na escena central, na que un insurrecto apuñala a un mameluco que cae do cabalo.

Nos Fusilamentos, un grupo heteroxéneo de personaxes reaccionan individualmente ante unha morte próxima e inmediata, con actitudes que van desde a súplica do frade ata o medo do que se tapa a faciana e a valentía do personaxe central, da camisa branca, que desafía a un exército, alineado, unha máquina de matar anónima que esconde as súas facianas ao espectador. A escena, nocturna, aparece iluminada por un farol artificial que destaca en medio de tonalidades cromáticas que lembran ao tebrismo, xa que van desde o intenso branco da camisa ata o negro profundo dalgunha vestimenta de soldado, cunha ampla gama de ocres e marróns.

Ambas obras son o eixe central da exposición do Museo do Prado “Goya en tempos de guerra”.

“Ahí están… Veñen diante os mouros!,

Cando a vangarda de xinetes desemboca de San Xerome na Porta do Sol, o primeiro movemento da multitude desarmada é dispersarse polas rúas próximas, esquivando os cabalos lanzados ao galope e os alfanxes dos mamelucos, que fan molinetes sobre as súas cabezas tocadas con turbantes e descargan golpes sobre a xente que corre indefensa…

– A por eles,… a por eses morosos gabachos! Que non pasen! Que non pasen!

Ao seu arredor, espantado, o presbítero escoita o clac, clac, clac de innumerables navallas que se abren. Cachicornas albaceteñas de sete resortes, con follas de entre un ou dous palmos de lonxitude, que os homes sacan das faixas, dos petos, de baixo os capotes e as chaquetas, e con elas nas mans lánzanse cegos, berrando cheos de cólera, ao encontro dos xinetes que avanzan.

– Viva España e viva o rei! A por eles!… A eles!

O choque é brutal, dun salvaxismo nunca visto. Tan ebrios de ira que algúns nin se preocupan pola súa seguridade persoal, os madrileños métense nas patas dos cabalos, agárranse ás bridas e cólganse das sillas, apuñalando aos mamelucos nas pernas, no ventre, destripando aos cabalos que caen patas ao aire couceando as súas propias entranas.”

Arturo Pérez Reverte: “Un día de cólera”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s