Lendo “Ébano”


  

Estes días ven de morrer Aimé Césaire. Aurelio Berardi publicou un artigo sobre Senghor, “o atleta de ébano”. E nós estamos a ler fragmentos de “Ébano”, de Kapuscinski.

Poetas como Césaire e Senghor, formados como elite de vangarda na metrópole de París, acuñaron o concepto de “negritude”  para reivindicar a súa identidade negra e a súa cultura. É un concepto que supón o rexeitamento da asimilación cultural e autoafirmarse. Noutra “descolonización interior”, a que os descendentes dos escravos en Norteamérica tiveron que emprender para reivindicar o seu acceso á igualdade real dos dereitos civís, Rosa Parks, en decembro de 1955, negouse a obedecer a un chófer de autobús que lle reclamaba se levantase para ceder o seu asento a un home branco; por este xesto foi á cadea; e foi entón cando Martin Luther King conduciu a protesta contra os autobuses públicos da cidade de Montgomery, capital de Alabama, na que sucedera o incidente de Parks.

Luther King, nos escalóns do monumento a Lincoln en Washington D.C., brindou á multitude que alí se congregaba o 28 de agosto de 1963 o seu discurso “Eu teño un soño”, no que cita:

 “Hai cen anos, un gran americano, baixo cuxa sombra simbólica nos paramos, asinou a Proclama de Emancipación. Este importante decreto converteuse nun gran faro de esperanza para millóns de escravos negros que foron cociñados no lume da inxustiza. Chegou como un amencer de ledicia para rematar a longa noite do cautiverio. Mais cen anos despois, debemos enfrontar o feito tráxico de que o negro aínda non é libre. Cen anos despois, a vida do negro é aínda minada polas cadeas da discriminación. Cen anos despois, o negro vive nunha solitaria illa de pobreza en medio dun vasto océano de prosperidade material. Cen anos despois o negro aínda esmorece nos recunchos da sociedade estadounidense e atópase a sí mesmo exiliado na súa propia terra.”

As reivindicacións de igualdade continuaron tras o asesinato de King en 1968 e materializáronse no auxe do “Black Power”, expresado en xestos deportivos como o de Tommie Smith e John Carlos tras subir ao podio dos 200 m. lisos nas olimpíadas de México dese mesmo ano.  

Desde o 25 de abril deste ano, o MoMA expón algunhas portadas da revista Esquire que fixeron historia. Diseñada por George Lois, unha das máis impactantes foi a de Classius Clay -entón xa convertido ao Islam como Mohamed Alí e obxector de conciencia por motivos relixiosos- en pantalón de boxeo e espido, atravesado por frechas como un San Sebastián renacentista, en 1968, á espera da resolución do Tribunal Supremo dos Estados Unidos sobre a súa renuncia ao servizo militar que lle podería levar a participar na guerra de Vietnam. Cinco anos antes, en decembro de 1963, o boxeador Sonny Liston aparecera tamén na portada de Esquire, retratado por Carl Fischer, e ataviado como Santa Claus.

  This undated photo released by the Museum of Modern Art shows ...

Corenta anos despois, poderá chegar a ser Obama o primeiro presidente negro dos Estados Unidos? Os atletas de Pekín protestarán contra a represión no Tíbet seguindo “os ditados do corazón” como piden Smith e Carlos?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s