Crucifixións


A polémica dun programa da BBC con respecto a como foi históricamente crucificado Xesús lévanos a revisar exemplos da iconografía cristiá dos últimos cinco séculos. Desde Massaccio a Nolde, pasando por Grünewald, Velázquez, Goya e Friedrich, os autores preséntannos unha crucifixión simple -tal e como fan os autores españois, que apoian a Cristo en senllas ménsulas, ben morto e idealizado con proporción clásica (Velázquez) ou vivo (Goya), en disposición de encomendar o seu espírito a Deus, cando expresa a súa chamada a Elías (Eloi, Eloi, lama sabactani)-, engulida a cruz pola natureza -tal e como se amosa no óleo do altar de Tetschen composto por Friedrich, no que a cruz sobre a montaña aparece iluminada polos raios dunha luz do norte ou sol de medianoite que aludirían á esperanza do artista na vitoria do rei de Suecia Gustavo Adolfo sobre Napoleón-, ou con máis personaxes -como nas representacións de Massaccio, Grünewald e Nolde-.

Massaccio representa a crucifixión como aparece narrada no evanxeo de San Xoan, coa Virxe á súa dereita e San Xoan á súa esquerda, mentres que se pensa que a figura de María Magdalena suplicante, aos pés, foi engadida posteriormente, nesta obra que forma parte dun retablo da igrexa do Carmine e no que se observan aínda restos de influenza gótica co fondo dourado. Na representación de Grünewald, pertencente ao retablo de Isenheim, o corpo moribundo de Cristo está deformado pola tortura da cruz, e aos personaxes que acompañaban a Cristo na obra de Massaccio engádesenlle agora a figura de Xoan Bautista, que sinala co dedo a Xesús e ten aos seus pés ao Año Místico. Nolde, seguindo a tradición expresionista xa latente en Grünewald, deforma facianas e xestos para presentarnos unha crucifixión extensa con cores moi vivas, que engade aos propios soldados romanos que se xogan a roupa de Cristo a sortes á dereita.

A Crucifixión foi eludida ou evocada indirectamente mediante símbolos. Cristo aparece na cruz, con forma humana, só no século VI. Ata mediados do século XI, Cristo na cruz está representado vivo, cos ollos abertos. A partir desa época osouse representar morto, cos ollos pechados. Polo tanto, deben diferenciarse tres fases na iconografía de Cristo crucificado, que se empregaron sucesivamente: mediante símbolos, vivo na cruz e finalmente, morto.”

Louis Réau: “Iconografía da arte cristiá”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s