Revolución soviética


Bronenosets.jpg

A Rusia de 1900 era un xigantesco imperio de máis de 22 millóns de kilómetros cadrados e 132 millóns de habitantes, sometida á autocracia persoal de Nicolás II. O panorama político ensombrécese coa derrota fronte a Xapón en 1904 e co “domingo sanguento” de 1905, en San Petersburgo. Sen embargo, as reformas parlamentarias non impedirán un crecente malestar que ha de desembocar nas revolucións de febreiro e outubro de 1917, tamén forzadas como consecuencia das perdas provocadas pola Grande Guerra.

“A revolución rusa de 1917 constitúe un punto decisivo na historia, e ben pode ser considerada polos futuros historiadores como o meirande acontecemento do século XX. Igual que a revolución francesa, continuará polarizando as opinións durante moito tempo, sendo exaltada por algúns como un fito na liberación da humanidade da opresión pasada, e denunciada por outros como un crime e un desastre. Representou o primeiro desafío aberto ao sistema capitalista, que acadara o seu cénit en Europa a finais do século XIX. O feito de que tivese lugar no momento máis crítico da primeira guerra mundial, e en parte como resultado desta guerra,  foi máis que unha coincidencia. A guerra inflixira un golpe mortal á orde capitalista internacional tal e como esta existira antes de 1914, e revelara a súa inestabilidade intrínseca. Pódese pensar na revolución á vez como consecuencia e como causa do declinar do capitalismo.”

Edward H. Carr: “A Revolución Rusa“.

“A gran Rusia paría, con dor, un mundo novo. As criadas, a quen antes se trataba como a bestas e apenas se lles pagaba, estaban a emanciparse. Como entón un par de zapatos custaba cen rublos e os soldos eran “ao redor de trinta e cinco mensuais, negábanse a levar zapatos cando tiñan que ir á cola. Nesta nova Rusia, todos os homes e todas as mulleres tiñan voto; a clase obreira posuía os seus diarios, nos cales se publicaban cousas desusadas e sorprendentes; e ademais existían os Soviets e os sindicatos. Os mesmos izvoztchiks (cocheiros) tiñan o seu sindicato e estaban representados no Soviet de Petrogrado. Os camareiros dos hoteis e restaurantes estaban tamén organizados e negábanse a recibir propinas. Nas paredes dos restaurantes había inscricións como esta: «Non se admiten propinas». Como estoutra: «Porque un home estea obrigado a gañarse a vida servindo a outros na mesa, non é necesario insultalo ofrecéndolle unha propina.»

John Reed: “Dez días que estremeceron ao mundo

Os trens vermellos son rendibles sempre que nalgún lugar próximo haxa tribunais sesionando ás alancadas, ou cando algunha prisión de tránsito está chea ata os topes, é dicir, sempre que poidan expedirse grandes masas de presos dunha soa vez. Así foron trasladados millóns de campesiños nos anos 1929-1931. (…) Así se poboou Kolymá nos anos trinta. Todos os días a capital da nosa patria, Moscova, vomitaba un destes trens en dirección a Soviétskaya Gavan, cara ao porto de Vanino. E cada capital de provincia enviaba igualmente trens vermellos, aínda que non cada día. Así deportaron en 1941 a toda a República dos alemáns do Volga cara a Kazajstán, e a partir de entón fixeron o mesmo cos demais pobos. Neses mesmos trens trouxeron en 1945 aos fillos e fillas pródigos de Rusia, desde Alemaña, Checoslovaquia, Austria, ou simplemente a aqueles que chegaran polos seus propios medios ata as nosas fronteiras occidentais.”

Alexander Solzhenitsyn: “Arquipélago Gulag” 

* Consulta un esquema da revolución soviética

* Infórmate sobre unha investigación de Orlando Figes sobre as vítimas do estalinismo. Consulta a web do proxecto

* Consulta unha composición de texto sobre as causas da revolución soviética

* Consulta unha composición de texto sobre as fases da revolución soviética dende 1917 ata a morte de Lenin (1924)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s