Cinema para o período 1914-1945


O imperialismo europeo no Congo -ou o estadounidense trasposto en Vietnam, o pacifismo de Kubrick á hora de abordar un episodio da guerra de trincheiras durante a Primeira Guerra Mundial,  a crítica irónica de Orwell á revolución bolxevique -a partir da súa obra “Rebelión na granxa”- ou a acidez coa que Chaplin apunta contra o nazismo en “O gran dictador” son obxecto de traballo e referencia e estudo neste segundo trimestre do curso 2007-08.

Un tal capitán Rom, que tiña cravadas caveiras de congoleños sobre estacas á entrada da súa cabana, inspirou ó tebroso Kurtz de “O corazón da escuridade” -novela de Joseph Conrad-, un axente da compañía do rei Leopoldo no interior das súas posesións cara a finais do século XIX. E Coppola caracterizou a Marlon Brando como un despiadado militar norteamericano no interior de Cambodia seguindo esta imaxe, en plena intervención estadounidense no Vietnam (1964-1973).

Centrada na Primeira Guerra Mundial, concretamente no período da guerra de posicións, un ataque suicida das tropas francesas ás posicións alemás de Agnoc, serve de fondo a Stanley Kubrick para plantexar unha película pacifista, na que a trama inclúe a análise da estupidez da guerra, sobre todo encarnada no xuizo a tres soldados escollidos ao chou e acusados de cobardía.

A crítica mordaz de George Orwell á revolución bolxevique recréase nunha fábula animal que ten por esceario a granxa Manor. Todos os animais son alegorías revolucionarias, e ao final, o escritor británico pon de relevo o ascenso do totalitarismo exemplificado en Stalin, causante do Gulag.

Estreada en 1940 en Estados Unidos, a sátira de Charles Chaplin contra o fascismo, e máis concretamente contra Hitler e o nacionalsocialismo, pasa por ser un film de imprescindible visionado, que remata cun alegato en favor de recuperar a sinxeleza da humanidade, en gran medida destruída, a dicir de Chaplin, polo maquinismo que tamén criticara en “Tempos modernos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s