Primeira Guerra Mundial


Sirvan de introdución a este tema aquelas lembranzas de Stefan Zweig sobre a Grande Guerra, cando a comparaba coa Segunda Guerra Mundial:

“Unha veloz excursión ao romanticismo, unha aventura tola e viril: velaquí como imaxinaba a guerra o home sinxelo de 1914, e os mozos mesmo temían que lles faltase este marabilloso e apaixonante episodio na súa vida; por iso correron fogosos a agruparse baixo as bandeiras, por iso berraban e cantaban nos trens que os levaban ao matadoiro, a vermella ondada de sangue corría impetuosa e delirante polas veas de todo o imperio. A xeración de 1939, en cambio, xa non se enganaba. Coñecía a guerra. Sabía que non era romántica, senón bárbara. Sabía que duraría anos e máis anos, un lapso de tempo insubstituíble na vida. Sabía que os soldados non ían ao encontro do inimigo engalanados con follas de aciñeira na cabeza e fitas de cores, senón que folgaban durante semanas nas trincheiras e nos cuarteis, comidos polos piollos e medio mortos de sede, que os farían anacos e os mutilarían dende lonxe sen sequera ver o inimigo cara a cara. Coñecían de antemán, a través dos xornais e o cinema, as novas artes de aniquilamento, dunha técnica diabólica, sabían que os enormes tanques esmagaban aos feridos que atopaban ao seu paso e que os avións despezaban mulleres e nenos na cama; sabían que unha guerra mundial no ano 1939, grazas á súa mecanización inhumana, sería mil veces máis vil, brutal e cruel que calquera outra anterior. Xa ninguén da xeración de 1939 cría na xustiza dunha guerra querida por Deus, e peor aínda: xa ninguén cría sequera na xustiza e na durabilidade da paz conseguida por medio da guerra, pois aínda estaba demasiado vivo o recordo de todos os desenganos que trouxera a última: miseria en vez de riqueza, amargura en vez de satisfacción, fame, inflación, revoltas, perda das liberdades civís, escravitude baixo a férula do Estado, unha inseguridade enervante e unha desconfianza de todos cara a todos. Velaquí a diferenza. A guerra do 39 tiña un cariz ideolóxico, tratábase da liberdade, da preservación dun ben moral; e loitar por unha idea fai o home duro e decidido. A guerra do 14, en cambio, non sabía de realidades, servía aínda a unha ilusión, ao sono dun mundo mellor, xusto e en paz. E só a ilusión, non o saber, fai ao home feliz. Por iso as vítimas de entón ían alegres e embriagadas ao matadoiro, coroadas de flores e con follas de aciñeira nos helmos, e as rúas retronaban e resplandecían coma se se tratase dunha festa “.

 

 

 

 

Stefan Zweig: “O mundo de onte. Memorias dun europeo”

Visualiza un esquema da Primeira Guerra Mundial a partir do Manual de Historia Contemporánea Universal coordinado por Carlos Sixirei e publicado por Edicións do Castro

Consulta a web sobre a Primeira Guerra Mundial de Juan Carlos Ocaña.

Visualiza unha presentación sobre a Gran Guerra

* Consulta unha composición de texto sobre as causas da Primeira Guerra Mundial e os enfrontamentos previos.

* Consulta unha composición de texto sobre as fases da Primeira Guerra Mundial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s