Demografía en España


gráfica evolutiva da poboación española

O coñecemento da poboación dun territorio permite coñecer a evolución demográfica do mesmo e planificar a necesidade de servizos para o futuro inmediato e a medio prazo. Por iso, os instrumentos para o estudo da poboación parten da recollida de datos estatísticos, en España encomendados actualmente ó INE, que elabora os Censos de Poboación e Vivendas cunha periodicidade de dez anos.

Aínda que o primeiro censo de poboación tomando como unidade de estudo a todos os seus habitantes se elaborou en España en 1768, baixo o reinado de Carlos III, o primeiro Censo oficial data de 1857. O último realizado ata agora levouse a cabo con referencia ó 1 de novembro de 2001, e dende 1981 véñense realizando todos os anos rematados en 1.

Consulta a información referente á elaboración do Censo de Poboación de 2001 e responde a preguntas como: ¿para que necesitamos o Censo de Poboación e Vivendas?; ¿que diferenzas hai entre Censo de Poboación e Padrón municipal?; antes do século XX, ¿que censos históricos son os máis significativos?; resume os datos principais que se recollen no cuestionario individual, a cubrir por persoas maiores de 16 anos que estuden ou traballen, e compáraos co cuestionario da folla de datos padroais.

Consulta a táboa de datos correspondente á evolución histórica dos resultados dos censos de poboación en España no século XX (presta atención específicamente a táboa 3), e, engadindo os correspondentes a 2001 e 2007 (estes últimos non censais), elabora unha gráfica evolutiva da poboación española. En 2001, a poboación ascendía a 40.847.371 persoas; a 1 de xaneiro de 2007, segundo datos provisionais adiantados en xuño, vivían en España 45.116.894 habitantes.

Consulta o informe sobre poboación publicado polo INE en “España en cifras 2007”

Consulta a relación de núcleos de poboación con máis de 100.000 habitantes en 2006

Consulta a poboación a 1 de xaneiro de 2007 segundo o INE e a evolución demográfica da poboación española ao longo do século XX

gráfica da transición demográfica en España Segundo se pode apreciar na gráfica de evolución das taxas de natalidade (azul) e mortalidade (vermello), España é un país no que se produce o paso do ciclo demográfico antigo (no que destaca o período de sobremortaliade vencellado á epidemia de cólera de 1885) ó ciclo demográfico moderno ó longo do século XX (período da transición demográfica), cun descenso paulatino das taxas de nacementos e defuncións continuado e paulatino, só truncado por episodios catastróficos de mortalidade moi elevada en 1918 (epidemia de gripe) e 1936-1939 (guerra civil). Na década de 1990, España pasa a ter un comportamento demográfico semellante ao dos países máis avanzados de Europa occidental, marcado polas baixas taxas de natalidade e mortalidade. O movemento natural da poboación en España nos últimos 25 anos e as cifras actuais amosan plenamente a nosa incorporación ao réxime demográfico moderno.
* Colorea o mapa do crecemento vexetativo provincial en España no ano 2006.
* Consulta unha nota de prensa sobre os datos do movemento natural da poboación en España publicada polo INE en xullo de 2007.

“España, con 45.116.894 habitantes, ocupa o quinto lugar por volume total de poboación dentro do contexto da Unión Europea. Os 88,4 hab/km2 de densidade media colócana por baixo da media actual, lonxe dalgúns dos países da súa contorna, como Países Baixos, Alemaña, Reino Unido ou Italia, que se achegan ou superan os 200 hab/km2.
Tradicionalmente, a poboación española repartiuse de modo desigual sobre o territorio. Eses desequilibrios son visibles a tres niveis:
Entre Comunidades Autónomas. Catro Comunidades, Andalucía, Cataluña, Comunidade de Madrid e Comunidade Valenciana, que ocupan a sexta parte do territorio, concentran o 57 % da poboación. Pola contra, Castela e León, Castela-A Mancha, Aragón e Estremadura, que comprenden algo máis da metade da superficie, albergan tan só ao 15 % da poboación.
A escala provincial. Algunhas provincias, como Soria ou Teruel, teñen densidades inferiores aos 10 hab/km2, mentres que outras, como Madrid ou Barcelona, exceden os 650 hab/km2. En xeral, as provincias interiores, excepto Madrid, están menos poboadas que as litorais e insulares.
Dentro de cada provincia. Na maior parte das provincias, a poboación concéntrase nas cidades, sobre todo na capital, mentres que o campo está case despoblado. Así por exemplo, Zaragoza concentra ao 71 % da poboación da súa provincia e ao 51 % dos habitantes de Aragón.
O principal resultado é que a poboación española é eminentemente urbana: máis das tres cuartas partes dos habitantes residen en núcleos con máis de 10.000 habitantes.”

Fonte: www.kalipedia.com

* Le un artigo de xornal sobre a despoboación do Oeste peninsular

* Sobre os movementos migratorios na España do século XX, consulta este material elaborado por Josefina Otero. Le tamén unha nova de febreiro de 2008 sobre a inmigración en Galicia no ano anterior.

A estrutura da poboación por idade e sexo exprésase ben nas pirámides de poboación. Podes consultar aquí dous exemplos de comentarios de pirámides: un sobre a pirámide do País Vasco en 2001 e unha presentación sobre a pirámide de España de 2007 por parte do profesor Isaac Buzo.

* Canto ás taxas de actividade, ocupación e paro da poboación española, consulta a recente nota de prensa do INE, publicada en xaneiro de 2008, e referente á EPA do cuarto trimestre de 2007.

Taxa de actividade en EspañaEvolución do paro en España

* Consulta unha interesante web con mapas de demografía de España e a súa actualización.

* Visualiza unha presentación sobre a poboación en España

* Estuda o vocabulario de Demografía

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s