Agriculturas do mundo


  

A través de 10 imaxes do fotógrafo francés Yann-Arthus Bertrand imos descubrir diversas paisaxes agrarias do mundo:

I) En Madagascar, o paso do policultivo tradicional á ricicultura irrigada conlevou o desbrozamento de boa parte das altas terras da illa.

II) A deforestación da Amazonia está a crear inmensas superficies que se destinan esencialmente ó cultivo de cereais destinados ó mercado internacional para mantemento do gando, sobre todo soia.

III) En Malaisia, as tradicionais plantacións de hevea vense sustituídas nun inmenso territorio por plantacións de palmeiras de aceite que, como en calquera agricultura especulativa do Terceiro Mundo, se destinan á exportación.

IV) O relevo volcánico da illa indonesia de Bali aporta unha fertilidade natural moi apta para o cultivo intensivo do arroz.

V) Nos países asiáticos, o arroz remonta as abas máis empinadas das montañas para extenderse en socalcos e constituir a fonte nutritiva esencial da poboación, tal e como podemos apreciar nesta paisaxe nepalí, a 3.000 m. de altitude sobre o nivel do mar. Ou ben nun arrozal próximo ó anterior.

VI) En pleno Sahel, en Tombuctú (Mali), as microparcelas dos agricultores surten de productos hortícolas de autoconsumo a unha poboación que, debido ás periódicas secas, se víu obrigada a abandonar a gandaría extensiva.

VII) Nun medio árido, os israelís teñen desenvolvido unha agricultura mecanizada e baseada no regadío, que co tempo se ten diversificado e non procede da sobreexplotación de cursos fluviais e acuíferos, senón que se basea xa no rego pinga a pinga e na reciclaxe de augas xa usadas para o consumo doméstico. A oliveira destaca alí como cultivo netamente mediterráneo.

VIII) A agricultura mediterránea de secaño ten na triloxía mediterránea de trigo, vide e oliveira os seus cultivos característicos. En países industrializados como Francia, estas paisaxes están hoxe moi mecanizadas, dando lugar a unhas cifras de poboación activa moi baixas no sector primario. Esta paisaxe de Cognac inclúe trigo e oliveira en campos abertos. Ademáis, os openfields tradicionais están hoxe en mans da tecnoloxía. Neste mesmo país, as paisaxes tradicionais de bocage reconvertéronse hoxe en día a pastos para o gando na súa meirande parte.

IX) A agricultura de mercado dos Estados Unidos ben pode ser definida case como unha actividade sen apenas man de obra que produce esencialmente para o mercado interior e internacional. O monocultivo cerealista mecanizado en Montana é boa mostra da especialización que se produce nas distintas áreas do territorio.

X) A agricultura holandesa, netamente intensiva e consumidora de fertilizantes químicos, especialízase en cultivos hortícolas e flores, como estes campos de tulipáns que convirten ó país no primeiro exportador mundial. Os pólders destínanse específicamente á produción de pastos para o gando bovino.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s