Dominación colonial europea


  “En tempos anteriores á colonización –así que tampouco hai tanto- en África existiran máis de dez mil países, entre pequenos Estados, reinos, unións étnicas, federacións. Un historiador da Universidade de Londres, Ronald Oliver, no seu libro titulado African Experience (Nova Iorque, 1991), centra a súa atención no paradoxo, aceptado de xeito xeneralizado, segundo o cal os colonialistas europeos levaron a cabo a división de África. “¿División?”, exclama Oliver, asombrado. “Brutal e devastadora, pero ¡foi unha unificación! O número dez mil reducíuse a cincuenta.”

Ryszard Kapuscinski: Ébano

“Nós temos comprobado, bárbaros ingleses, que desenvolvestes unha natureza e uns costumes de lobo, saqueando e roubando bens pola forza (…). Viñestes ó noso país con espírito de lucro. ¿Que coñecementos tendes de nós? A vosa ansia de ganancias parécese á voracidade dos animais. En cambio, ignorades as nosas leis e as nosas institucións; nada sabedes de principios xustos (…). Máis alá da fortaleza dos vosos barcos, da violencia do disparo dos vosos fusís e da potencia dos vosos canóns, ¿que outras cualidades tendes?”

Panfleto dunha sociedade secreta chinesa. Cantón, 1856. 

Consulta un esquema-resumo da segunda revolución industrial e o imperialismo

A finais do século XIX prodúcese a segunda revolución industrial, coa aplicación de novas fontes de enerxía como a electricidade e o petróleo ós medios de transporte. Deste xeito, co cambio de século, prodúcense as primeiras experiencias de voo, as inxentes migracións transoceánicas, a difusión do automóbil:

O crecemento económico dos países industrializados, á percura de novos mercados para colocar os seus produtos, é unha das causas do imperialismo, mais non a única.

En febreiro de 1899, en McClure’s Magazine, o escritor británico Rudyard Kipling publica o seu poema “The White Man’s Burden”, expresión dunha ideoloxía pro-civilizadora do home branco sobre o resto da humanidade, un dos elementos que explican o imperialismo europeo de finais do século XIX. Olla criticamente un vídeo inspirado neste poema.

Aproveita para ler O corazón das tebras, narración autobiográfica ambientada no Congo belga devastado por Leopoldo II, a comenzos do século XX. O relato incluso serviría de inspiración para a película de Coppola Apocalypse Now, aínda que ambientada en Vietnam. Le ó respecto un artigo de Raquel Quinteiro sobre esta asociación. É tamén o momento de lembrar un discurso de 1883 do rei belga ós misioneiros, no que, entre outras cousas, di: “Padres, vós ides evanxelizar, mais esta evanxelización debe inspirarse antes que nada no interese de Bélxica.” Tamén podes visualizar un vídeo sobre o xenocidio no Congo (en francés) e ler extractos da obra de Adam Hochschild “A pantasma do rei Leopoldo” (en inglés).

Ó imperialismo europeo sumouse un imperialismo norteamericano inspirado na filosofía do Destino manifesto.

* Consulta unha composición de texto sobre as causas do imperialismo e as pautas para a súa redacción.

* Consulta unha composición de texto sobre as “xustificacións” para o imperialismo e as pautas para a redacción da mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s