Potencias europeas na segunda metade do XIX


A segunda metade do século XIX correspóndese cunha forte expansión industrial nos países punteiros de Europa, non exenta de crises económicas como a de 1873. As grandes potencias enfrontáronse a novos retos sociais e políticos, nun crecente clima de competencia e hostilidade.

Bota unha ollada ó resumo sobre a evolución das grandes potencias europeas na segunda metade do século XIX.

Consulta o texto do artigo Eu acuso, de Emile Zola, publicado en 1898, no que o novelista denuncia a actuación antisemita de membros do exército francés no caso Dreyfus.

Soluciona esta ficha con actividades sobre o tema.

Os vellos imperios (austro-húngaro, ruso e otomano) perviven como monarquías absolutas mentres se difunde o liberalismo en occidente. Sobre o imperio austro-húngaro, no que se producen algunhas reformas, podes ler este breve fragmento da obra “O busto do emperador”, de Joseph Roth:

“(…) A persoa da Súa Maxestade real e imperial, á que servira (o conde Morstin), nunca deixou de ser para el unha imaxe enteiramente fóra do común. Tería resultado imposible para o conde, por exemplo, ver ó Emperador como un home sen máis. A fe na xerarquía transmitida por tradición estaba tan firme e fortemente arraigada na alma de Franz Xaver que non amaba ó emperador polas súas cualidades humanas, senón polas imperiais. Rompía toda relación con amigos, coñecidos e parentes se, na súa presenza, deixaban caer algún comentario que ó seu parecer faltase ó respeto ó Emperador. Tal vez xa entón, moito antes da caída da monarquía, intuise que os comentarios á lixeira poden resultar moito máis mortíferos que os atentados dos criminais e os discursos solemnes de ambiciosos e revolucionarios individuos que pretenden arreglar o mundo. En tal caso, efectivamente, a historia tería dado a razón ós presentimentos do conde Morstin. Pois a vella monarquía austro-húngara, dende logo, non morreu por culpa do patetismo oco dos revolucionarios, senón por culpa do escepticismo irónico de quen debería ter constituído o seu fiel apoio.

(…) (O conde Morstin) Non tiña outra paixón ostensible que a de rebater a “cuestión das nacionalidades”. E é que, por aquel entón, o que chamaban a “cuestión das nacionalidades” empezaba a ser un tema candente na monarquía. Todo o mundo se proclamaba -quixérao ou obrigáseno a aparentar que quería- fillo de algunha das moitas nazóns que había no territorio da vella monarquía. Como é ben sabido, no século XIX descubrírase que todo individuo ten que pertencer a unha nazón ou a unha raza determinadas se realmente pretende ser recoñecido como cidadán burgués. “Da humanidade á bestialidade polo camiño da nacionalidade”, dixera o dramaturgo austríaco Grillparzer.”

O chanceler Bismarck tratou de illar a Francia e buscar o equilibrio entre as grandes potencias europeas asinando unha serie de tratados con Austria. Coa chegada ó poder do káiser Guillerme II, a weltpolitik alemá conducirá a un período de rearme e tensións que han de desembocar na Primeira Guerra Mundial. Consulta algúns tratados entre potencias europeas neste período.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s