Dous retratos de Elizabeth I e Filipe II


  

     

Con motivo da estrea en España de “Elizabeth I (A idade de ouro)” é prudente rescatar a iconografía áulica que se estilaba no retrato do século XVI, e opoñer dúas imaxes que representan ós monarcas enfrontados no contorno daquel ano 1588 en que tivo lugar o ataque da Armada Invencible ás costas británicas.

Unha é a da triunfante Elizabeth I, a Raíña Virxe que se amosa sedente e engalanada coas súas mellores xoias (perlas que se asocian á pureza, brocados que amosan a súa riqueza e poder), ós 55 anos, nunha imaxe de gloria que alude ó seu dominio sobre novas terras americanas –o primeiro descendente de inglés naceu na colonia norteamericana de Virxinia en 1587, e a raíña pousa a man dereita sobre ese territorio bautizado así en honor dela por Walter Raleigh– e á victoria sobre a Armada española que aparece remarcada en dous cadros situados detrás da maquillada faciana de Elizabeth. O retrato -pintado en 1588-89- está atribuido a George Gower.

A outra corresponde ó retrato de pé do monarca Filipe II, realizado por Juan Pantoja de la Cruz en 1590, que continúa a serie de retratos de poder que encadean Tiziano, Sofonisba Anguissola, Antonio Moro e Sánchez Coello. Pero esta vez o rei, de 63 anos, aínda que erguido, apoia a súa man dereita sobre unha cadeira que lle servía de alivio cando tiña habituais ataques de gota. Por enriba do traxe negro cinguido do monarca asoma unha leituguiña que nos permite fixar a mirada na barba branca e canosa dun varón con ollos un tanto afundidos.

A comparación destas imaxes coas da interpretación fílmica de Cate Blanchett e Jordi Mollá nos respectivos papeis de Elizabeth I e Filipe II descúbrenos un esaxerado rexuvenecemento de ambos. Máis ben parece que case esteamos ante a Elizabeth I á idade de 13 anos probablemente retratada por William Scrots e o Filipe II á idade de 24 anos inmortalizado por Tiziano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s