Os movementos sociais no século XIX


O vídeo que encabeza este tema corresponde a unha interpretación da “Internacional” -considerada como o himno oficial dos traballadores do mundo enteiro- na película de Ken Loach “Terra e liberdade” (1994), ambientada na guerra civil española de 1936-1939. A “Internacional” foi escrita polo communard Eugène Pottier en 1871, ano do estourido revolucionario da Comuna de París. En 1888 musicalizou a canción Pierre Degeyter.

Consulta un esquema-resumo sobre os movementos sociais no século XIX.

Visualiza unha presentación sobre algúns exemplos de socialismo utópico, marxismo e anarquismo.

Le e resume un comentario de Vargas Llosa sobre a “Viaxe a Icaria” de Étienne Cabet, a xeito de exemplo de como os socialistas utópicos tentaron levar á práctica algunhas das súas visións arcádicas.

Nunha entrevista publicada en El País (13 de novembro de 2007), o historiador británico Eric Hobsbawm di o seguinte canto ó marxismo:

“- O poder do marxismo. “Os marxistas crían que a clase obreira ía medrar, cando o que pasou é que deveceu e que países como Estados Unidos ou Inglaterra ata se están desindustrializando. A loita política baseada na loita das clases xa non é moi efectiva. Pero Marx sobrevive na súa concepción materialista da historia e na súa análise do capitalismo. No século XIX xa vaticinou a globalización, e cando se celebraba o 150 aniversario do Manifesto Comunista, as crises económicas do sueste asiático e de Rusia en 1997 e 1998 confirmaban as súas predicións. O poder do marxismo segue intacto. Non así moitas ideas políticas de Marx que obedecían, máis que á análise, a soños de igualdade.”

Podes consultar algunha definición clave do marxismo na obra “Principios do comunismo”, proxecto de programa da Liga dos Comunistas escrita por Engels en 1847, na que se definen algúns termos clave da doctrina marxista. E tamén a versión do “Manifesto comunista” redactado por Marx e Engels un ano despois.

Realiza a seguinte composición de texto sobre as ideoloxías que influiron nos movementos sociais do século XIX. Ver redacción da composición de texto sobre as ideoloxías do movemento obreiro.

No último cuarto do século XIX ten lugar a institucionalización de partidos socialistas democráticos nos diversos Estados de Europa, que reivindicarán os dereitos do proletariado competindo directamente cos partidos burgueses. En 1875 fúndase o SPD alemán, e catro anos despois Pablo Iglesias funda o PSOE en España. Dende a década seguinte existen partidos socialistas democráticos en Francia e Italia, e será en 1900 cando se cree o Partido Laborista británico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s